martes, 12 de xullo de 2011

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo (San Simón, 17 de xullo de 2011)

A Iniciativa Galega pola Memoria que agrupa as entidades e persoas que traballan pola Recuperación da Memoria Histórica, convoca para o vindeiro domingo 17 de xullo, a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, que desde o ano da memoria, no 2006, ven celebrándose na Illa de San Simón.

Nesta homenaxe, na que percorreremos os lugares que albergaron os últimos días de moitos presos políticos galegos, contaremos cunha visita guiada, actos musicais e poéticos, lembranza histórica e a participación de antigos presos na colonia penitenciaria.

Os actos comezarán co embarque ás 10 de mañá do porto de San Adrián de Cobres e rematarán a ás 13:30 que se embarcará na Illa de volta.

Debido á limitación de prazas no barco é fundamental que as persoas interesadas se dirixan as entidades adheridas á IGM para anotarse. Cada asociación ten asignada un número aproximado de prazas de xeito que a admisión será por orde de inscrición. Aqueles que estean adheridos a título persoal que comuniquen canto antes a este correo o seu desexo de asistir.

Para chegar ao porto, desde a autoestrada, sería tomando a saída 146 cara CG-4.1/Moaña/Cangas. Envíase unha referencia:

http://maps.google.es/maps?saddr=AP-9&daddr=42.2985225,-8.6541082+to:N-554,+36141+Vilaboa&hl=es&ll=42.301246,-8.659115&spn=0.027837,0.066047&sll=42.301944,-8.659973&sspn=0.027836,0.066047&geocode=FRuBhQIda9V7_w%3BFZpshQId5PJ7_ymBGXpVqXwvDTEgUw9ogvUEEw%3BFSh5hQIdMOd7_ym34jJjqnwvDTHhUA9ogvUEEw&gl=es&mra=dpe&mrsp=1&sz=15&via=1&t=h&z=15

Un saúdo
--
Iniciativa Galega pola Memoria
www.igmemoria.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario