Como todos os anos, na tardiña (20h 30 m) do sábado 13 de agosto organizamos unha homenaxe ás vítimas do franquismo na Terra de Montes na Ponte do Barco (Pedre). Este ano, unha hora antes organizamos no Centro Cultural de Cerdedo a presentación por parte dos seus autores dun libriño con fotografías dos represaliados e represaliadas desta bisbarra e daremos conta dunha campaña nacional artellada pola Iniciativa Galega pola Memoria a prol da eliminación da simboloxía franquista en todo o país. Haberá, tamén, algunha intervención de especial emotividade.
Coma sempre, vos agardamos.
Verbo Xido
Ningún comentario:
Publicar un comentario