Boas tardes,
Logo de saudarlles, quixésemos agradecerlles en nome do Grupo de
Traballo das Nacións Unidas sobre as Desaparicións Forzadas ou
Involuntarias polo interese na súa visita oficial a España do 23 ao 30
de setembro de 2013.
A delegación do Grupo de Traballo estará integrada polos expertos Ariel
Dulitzky e Jasminka Dzumhur. Dous funcionarios do Alto Comisionado das
Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (ACNUDH) acompañarán aos
expertos durante a visita, o Sr. Ugo Cedrangolo (Secretario do Grupo de
Traballo) e a Srta. Yiyao Zhang.
A visita incluirá reunións con autoridades, sociedade civil e
familiares, así como avogados, académicos e outros actores pertinentes. O
Grupo tamén visitase memoriales e/ou lugares de significado histórico
polo seu mandato. Durante a visita, o Grupo viaxará a Madrid (23-25 de
setembro), Barcelona (25 e 26 de setembro), Sevilla (27 e 28 de
setembro) e Vitoria (27 e 28 de setembro).
Nas cidades mencionadas anteriormente o Grupo manterá unha reunión colectiva con sociedade civil e familiares de desaparecidos:
En Madrid: martes, 24 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.
En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Rallye,
En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Praza de Armas
En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Canciller Ayala
O Grupo de Traballo tamén ten previstas reunións separadas con avogados
que han litigado ou litigan casos de desaparicións forzadas ante os
tribunais:
En Madrid: luns, 23 de setembro, ás 19:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.
En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Rallye,
En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Praza de Armas
En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Canciller Ayala
Non dubiden en facer a invitación extensible a outras organizacións e/ou
particulares que consideren relevantes e que traballen sobre o tema das
desaparicións forzadas ou involuntarias de persoas.
Así mesmo, invitámoslles a enviarnos calquera información relevante que
queiran poñer por adiantado en coñecemento do Grupo de Traballo.
Calquera información por escrito que queiran presentar conjuntamente á
súa presentación oral é tamén bienvenida.
A fin de que os expertos do Grupo de Traballo teñan a oportunidade de
facer preguntas e comentarios rogámoslles que, na medida do posible, as
presentacións durante as reunións fáganse de xeito coordinada.
Para rematar, para referencia, incluímos unha nota informativa sobre o
mandato do Grupo de Traballo que inclúe unha nota biográfica dos
expertos.
Finalmente, gustaríanos sinalar que o Grupo de Traballo manterá unha
conferencia de prensa o último día da súa visita, o 30 de setembro, onde
presentará as súas conclusións preliminares.
Non dubide en contactarnos por calquera pregunta ou aclaración a través
dos seguintes correos (wgeid@ohchr.org; ucedrangolo@ohchr.org;
merazo@ohchr.org).
Saúdos cordiais,
Secretaría do Grupo de Traballo
luns, 23 de setembro de 2013
luns, 16 de setembro de 2013
Nota de prensa sobre a cruz do Castro (Vigo)
A
“ CRUZ DO CASTRO “
NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013
Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA
HISTORICA DO 36 “, recoñecida como”Viguesa
Distinguida “ polo Concello de Vigo que co respaldo das asinaturas de 4041 vigueses e viguesas e colectivos
cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento
franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da
Memoria Histórica” quere amosar a súa
satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase no pleno municipal do pasado nove de setembro.
Porén,
a nosa Asociación non pode por
menos que amosar a súa máxima
preocupación logo de que, nese mesmo
pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font, fixera publico a existencia dun pacto,
digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non
proceder ao derrubamento da citada cruz.
Tal
sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que,
por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a
todas e todos os vigueses en xeral: un, qué
negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,
onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero
as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten
que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que
ademais é propiedade do Concello ? .
Na
Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36 pensamos que a cidade de Vigo, como todas as
cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á
cidadanía, e no por medio de pactos
secretos propios de formas de gobernos autocráticos.
Non é o
noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre
lembrar que os cargos públicos deben dar
conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que
empregar a Sra. Carmela Silva e o Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros do PSOE - para explicar a abraiante contradicción que existe entre ter
apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa
esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?
Asemade, tamén queremos
agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado, que
a Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao
titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha
cruz cristiá, tal como afirma o Concello. Compre sinalar que, a día de
hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha
autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular
Para
finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA
MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por
moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do
Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos
do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta reivindicación, de limpa pureza democrática,
non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co
procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita
lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas,
acabara por conseguir a retirada deste símbolo e testemuña da ignominia e o crime.
ASOCIACION VIGUESA
POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
11 de setembro de
2013
xoves, 12 de setembro de 2013
Petición ao Parlamento de Galiza: Institucionalización do 17 de Agosto como Día da Galiza Mártir
Dirigida a Pilar Rojo
Noguera
Petición creada por Fundación Alexandre Bóveda
Petición creada por Fundación Alexandre Bóveda
A primeira vez que os dereitos e liberdades
nacionais do pobo galego foron recoñecidas xurídica e políticamente
incardináronse dentro do marco constitucional da IIa República española, coa
abrumadora maioría social que permitiu plebiscitar o Estatuto de Autonomía
galego o 28 de Xuño de 1936.
Poucas semanas máis tarde producíuse a
sublevación violenta dun segmento das forzas armadas do Estado español,
instigada e apoiada por sectores reaccionarios e organizacións políticas
paramilitares de ideoloxía fascista, contra do réxime constitucional da IIa
República e do seu lexítimo goberno, saído das eleccións democráticas celebradas
en Febreiro do mesmo ano de 1936; gañadas polo Frente Popular.
Logo desa sublevación anticonstitucional e
antidemocrática, milleiros de cidadáns e cidadás, galegos e galegas,
nacionalistas ou non; mais demócratas en todo caso, e todos e todas leais e
fieis ao réxime constitucional republicano, ás liberdades democráticas vixentes
e máis ao Estatuto de Autonomía de Galiza xa plebiscitado, foron asasinados/as
sen xuízo previo ou executados/as por sentenzas de tribunais títeres das forzas
sublevadas. Outros/as, coñecidos/as popularmente como fuxidos/as, pasaron á
resistencia armada na guerrilla antifranquista e foron perseguidos/as durante
décadas até o seu completo exterminio. Moitos/as máis aínda padeceron o exilio
e, nel, seguiron a loitar polo restablecemento das liberdades individuais e
colectivas do pobo galego e pola reconstitución dun réxime democrático en Galiza
e no Estado español.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura
emblemática para todas as persoas que seguiron a loitar por esa causa no exilio
até a súa morte, inmortalizou simbolicamente no seu álbum “Galicia Mártir” a
todas as vítimas da represión fascista en Galiza durante a Guerra de España. A
máis representativa delas á súa vez, a quen Castelao adicou o seu testamento
político, o libro “Sempre en Galiza”, e máis a quen el ergueu á categoría de
símbolo de todas no seu descurso “Alba de Gloria”, foi Alexandre Bóveda
Iglesias, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun proceso irrisorio e
aldraxante en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936.
Na citada colección de estampas existe unha que
foi enormemente difundida, coñecida e comentada, que se denomina “A derradeira
lección do mestre” da que os/as coetáneos/as de Castelao, os/as seus/súas
colaboradores/as, persoas que coñeceron e que mesmo estiveron ao pé del nos
momentos nos que éste compuxo o álbum, afirmaban que a persoa que xace morta no
chan ten a faciana e os trazos exactos de Bóveda.
Castelao fíxolle así unha primeira homenaxe a
un home cristián e crente que á hora de tomar unha decisión entre as súas
crenzas individuais, aplicadas miméticamente aos esquemas ideolóxicos, sociais e
políticos da época, ou a lealdade ao seu país, optou por manterse fiel ao
insobornábel compromiso político de liberdade da súa Patria.
Bóveda fixo da Vila de Pontevedra un escenario
privilexiado para desenvolver os seus proxectos. Alí uníronse Castelao e Bóveda
e xuntos participaron de andainas sociais, culturais e políticas nunha das
etapas máis fecundas da historia da cidade capitalina: fixeron parte da Coral
Polifónica; colaboraron no proxecto reformista de Daniel de la Sota -Presidente
da Deputación de Pontevedra-, do que xurdirían empresas de longo percorrido coma
o Museo de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galiza -dirixida por Cruz
Gallástegui Unamuno-, as Pensións Artísticas da Deputación -que deron unha
extraordinaria xeración de artistas-, mais sobre todo a Caixa de Aforros
Provincial de Pontevedra, obra persoal dun novísimo Alexandre Bóveda, que en
1930 foi nomeado primeiro Director da institución con tan só 26 anos.
Alexandre Bóveda, xunto a Lois Tobío, Carvalho
Calero e Vicente Martínez-Risco, foi o vertebrador do Anteproxecto de Estatuto
que elaborou o Seminario de Estudos Galegos; defendéndoo na decisiva Asemblea de
Concellos celebrada en Compostela do 17 ao 19 de Decembro de 1932, e asumindo a
responsabilidade e a tarefa histórica de impulsar o laborioso proceso de
aprobación do propio texto estatutario, culminado finalmente co apoio cidadán
maioritario no referendo do 28 de Xuño de 1936.
Logo do levantamento militar fascista de Xullo
de 1936, Bóveda foi xulgado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de
Pontevedra e, acusado de traizón, foi condenado a morte; cumpríndose a sentenza
co seu fusilamento na mañá do 17 de Agosto de 1936 na Caeira (Poio). Esta
condena a morte e o posterior asasinato de Alexandre Bóveda constitúen unha
inxustiza histórica que debe ser reparada mediante a recuperación e a
rehabilitación institucional da súa figura, así como a divulgación do seu
inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia e do progreso de
Galiza.
Nos últimos anos sucedéronse distintos acordos
institucionais que tiñan como obxectivo o recoñecemento da figura humana e
política de Alexandre Bóveda: a homenaxe institucional do Concello de Poio, o
nomeamento por aclamación como Fillo Predilecto de Ourense, adoptado na
Corporación Provincial ourensá, e máis recentemente o nomeamento de Fillo
Adoptivo da Cidade de Pontevedra, xunto coa concesión da medalla de ouro de
Pontevedra, polo que, con esta petición, demandamos do Parlamento de Galiza que
honre a todas as persoas mártires da liberdade na Historia do pobo galego,
institucionalizando como Día da Galiza Mártir o 17 de Agosto, cabodano da morte
de quen Castelao converteu en símbolo de todas elas, o cidadán galego Alexandre
Bóveda Iglesias, e máis a rehabilitación pública e política do propio Bóveda e
de todos/as os/as mártires da liberdade que él mesmo simboliza na memoria
histórica e democrática do noso pobo.
O Parlamento é a Cámara de representación de
todos os galegos e galegas e, daquela, demandamos dela que recoñeza a Bóveda e a
todos/as os/as mártires galegos, como unha institución que represente
verdadeiramente ao noso pobo, na referencia aos valores humanos e democráticos
que fican mentados.
Por todo o anterior, ao abeiro do disposto no
Artigo 4.1 da Lei Orgánica 4/2001, de 12 de Novembro, reguladora do Dereito de
Petición, instamos ao Parlamento de Galiza:
.- A declarar e instituir como “Día da Galiza
Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional na
Comunidade Autónoma de Galiza e xornada non laborábel no seu ámbito territorial,
en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron
a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos
democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco
constitucional daquela vixente, no 1o Estatuto de Autonomía de Galiza,
plebiscitado o 28 de Xuño de 1936.
.- A incoar a revisión do proceso seguido e
condena a morte ditada contra o dirixente do Partido Galeguista, Alexandre
Bóveda Iglesias, por un tribunal das forzas antodemocráticas sublevadas contra
do réxime constitucional da IIa República española, e executada en Poio o día 17
de Agosto de 1936.
.- A rehabilitar, de xeito institucional,
pública e políticamente a figura de Alexandre Bóveda Iglesias e, simbólicamente
expresada nela, a de todos/as os/as cidadáns e cidadás mortos/as en Galiza, a
partires de Xullo de 1936, en defensa da mesma causa pola que foi executado
Bóveda.
.- A promover institucionalmente a celebración
de actos protocolares da devandita rehabilitación pública e política para o
primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore.
Pontevedra, 17 de Agosto do
2013.
Podedes asinar esta petición no seguinte enlace:
Videos do acto homenaxe en San Simón
O pasado 21 de xullo tivo lugar o acto
homenaxe anual na illa de San Simón, estes son os videos que gravou o compañeiro
Tomás Montero da Asociación Memoria y Justicia de Madrid
Pombas e Himno Galego
http://www.youtube.com/watch?v=KmIzIj57p8U
Postado por Blogger na Estación Atlántica
http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2013/09/videos-do-acto-homenaxe-en-san-simon.html
Orden de intervención:
Himno de Riego
http://www.youtube.com/watch?v=PDaX8DGiyjE
Presentacion de Telmo Comesaña
Presentacion de Telmo Comesaña
http://www.youtube.com/watch?v=ykr6kpw9Bhk
Intervención de Mª José Barreiro
Intervención de Mª José Barreiro
Intervención de David Fernández
Intervención de Enriqueta Otero
Poesia de Manuel Xío Blanco
Pombas e Himno Galego
Postado por Blogger na Estación Atlántica
http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2013/09/videos-do-acto-homenaxe-en-san-simon.html
O pleno de Vigo rexeita demoler a cruz do Castro
Socialistas e populares remítense a un acordo plenario de 1981 para manter que é un monumento a "todos os caídos"
VIGO, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -
O pleno do Concello de Vigo rexeitou este luns unha moción do BNG que instaba ao goberno local, entre outras medidas, a demoler a cruz do Castro para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Así, mentres que o PP votou en contra da iniciativa, o grupo do PSOE abstívose ao non aceptar os nacionalistas que se votasen por separado as diferentes medidas propostas.
A moción, defendida por Iolanda Veloso, instaba ao goberno local a demoler esa cruz que, segundo precisou "non é un monumento relixioso, nin unha homenaxe a todos os caídos, senón un emblema fascista, inaugurado polo dictador Francisco Franco". Así mesmo, pedíase a eliminación de referencias franquistas do callejero de Vigo, e o seu sustitución por nome de "persoas republicanas loitadoras".
Na moción do BNG tamén se instaba ao Concello a colocar un panel de advertencia próximo aos restos do capitán Carreró, que indique "que foi un criminal fascista", así como a adherirse ao proceso xudicial que se desenvolve en Arxentina contra os delitos de genocidio cometidos pola ditadura franquista.
Iolanda Veloso advertiu, tanto a PSOE como a BNG, de que o acordo plenario de xuño de 1981, que aprobaba a colocación dunha placa na cruz para que se convertese nun monumento de recoñecemento "a todos os caídos", non foi máis que unha forma de "reescribir a historia". "Tirar a cruz do Castro é unha cuestión de xustiza", apuntou a portavoz nacionalista, que lamentou a existencia de "vestixios" da ditadura na cidade, cinco anos despois de que se aprobou a Lei de Memoria Histórica.
PSOE E PP
O portavoz do grupo do PSOE, Carlos López Font, defendeu que "os socialistas sempre estiveron preocupados pola memoria histórica", e repasou as actuacións do goberno local para cumprir a lei, como cambio de nomenclatura en lugares da cidade, ou retirada de símbolos de fachadas de edificios institucionais e relixiosos.
Con todo, aínda que "a lei está para cumprir", Font precisou que "a fijación pode converter en símbolo o que non o é", e aludiu ao acordo plenario de 1981. "Hoxe, a cruz do Castro é só iso, unha cruz", sentenciou.
Pola súa banda, o concelleiro Roberto Relova, en nome do PP, limitouse a precisar que o grupo popular declara un "apoio total" ao acordo de 1981, adoptado por unanimidad. Por iso, este grupo votou en contra da moción do BNG.
Ler máis: http://www.europapress.es/galicia/noticia-pleno-vigo-rechaza-demoler-cruz-castro-abstencion-psoe-negativa-pp-20130909111802.html
VIGO, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -
O pleno do Concello de Vigo rexeitou este luns unha moción do BNG que instaba ao goberno local, entre outras medidas, a demoler a cruz do Castro para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Así, mentres que o PP votou en contra da iniciativa, o grupo do PSOE abstívose ao non aceptar os nacionalistas que se votasen por separado as diferentes medidas propostas.
A moción, defendida por Iolanda Veloso, instaba ao goberno local a demoler esa cruz que, segundo precisou "non é un monumento relixioso, nin unha homenaxe a todos os caídos, senón un emblema fascista, inaugurado polo dictador Francisco Franco". Así mesmo, pedíase a eliminación de referencias franquistas do callejero de Vigo, e o seu sustitución por nome de "persoas republicanas loitadoras".
Na moción do BNG tamén se instaba ao Concello a colocar un panel de advertencia próximo aos restos do capitán Carreró, que indique "que foi un criminal fascista", así como a adherirse ao proceso xudicial que se desenvolve en Arxentina contra os delitos de genocidio cometidos pola ditadura franquista.
Iolanda Veloso advertiu, tanto a PSOE como a BNG, de que o acordo plenario de xuño de 1981, que aprobaba a colocación dunha placa na cruz para que se convertese nun monumento de recoñecemento "a todos os caídos", non foi máis que unha forma de "reescribir a historia". "Tirar a cruz do Castro é unha cuestión de xustiza", apuntou a portavoz nacionalista, que lamentou a existencia de "vestixios" da ditadura na cidade, cinco anos despois de que se aprobou a Lei de Memoria Histórica.
PSOE E PP
O portavoz do grupo do PSOE, Carlos López Font, defendeu que "os socialistas sempre estiveron preocupados pola memoria histórica", e repasou as actuacións do goberno local para cumprir a lei, como cambio de nomenclatura en lugares da cidade, ou retirada de símbolos de fachadas de edificios institucionais e relixiosos.
Con todo, aínda que "a lei está para cumprir", Font precisou que "a fijación pode converter en símbolo o que non o é", e aludiu ao acordo plenario de 1981. "Hoxe, a cruz do Castro é só iso, unha cruz", sentenciou.
Pola súa banda, o concelleiro Roberto Relova, en nome do PP, limitouse a precisar que o grupo popular declara un "apoio total" ao acordo de 1981, adoptado por unanimidad. Por iso, este grupo votou en contra da moción do BNG.
Ler máis: http://www.europapress.es/galicia/noticia-pleno-vigo-rechaza-demoler-cruz-castro-abstencion-psoe-negativa-pp-20130909111802.html
Acto de homenaxe en Castroverde (Lugo)
A Iniciativa Galega pola Memoria (coordenadora de grupos memorialistas da Galiza), vai celebrar un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo na provincia de Lugo, aínda que extensible a tódalas vítimas do franquismo en xeral, para o domingo 13 de outubro de 2013, na parroquia de Montecubeiro, a carón do monolito de homenaxe que está alí mesmo desde hai xa dez anos.
O acto comenzaría sobre as 12:30 horas, e logo de rematar haberá xantar de fraternidade para quen quixera... Un restaurante de Castroverde ofreceunos un menú sobre os 15 euros por persoa a base de callos de primeiro e cordeiro de segundo, con postre e bebidas. Tamén hai posibilidade de xantar vexetariano.
Saúde e República,
Rubén Afonso (CRMH da Coruña)
Nota: dende Vigo estamos a procura de fletar un autobús para asistir a este acto. Si estades interesados podedes poñervos en contacto con nós (Telmo Comesaña 659 041 394). O billete rondaría os 10 €.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)