luns, 16 de setembro de 2013

Nota de prensa sobre a cruz do Castro (Vigo)



A    CRUZ  DO CASTRO “  NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013

           
 Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO  36 “, recoñecida como”Viguesa Distinguida “  polo Concello de Vigo  que co respaldo das asinaturas de  4041 vigueses e viguesas e colectivos cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da Memoria Histórica” quere amosar a súa satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase  no  pleno municipal do pasado nove de setembro.
 
               Porén,  a nosa Asociación non pode  por menos que amosar a súa máxima preocupación  logo de que, nese mesmo pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font,  fixera publico a existencia dun pacto, digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non proceder ao derrubamento da citada cruz.
           
            Tal sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que, por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a todas e todos os vigueses en xeral:  un, qué negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,  onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que ademais é propiedade do Concello ? .
           
            Na Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36  pensamos que a cidade de Vigo, como todas as cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á cidadanía,  e no por medio de pactos secretos propios de formas de gobernos autocráticos.
             
            Non é o noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre lembrar que os cargos públicos  deben dar conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que empregar  a  Sra. Carmela Silva e o  Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros   do PSOE - para explicar a  abraiante contradicción que existe entre ter apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?
         
                Asemade, tamén queremos agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado,  que a Asociación  Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha cruz cristiá, tal como afirma o Concello.  Compre sinalar que, a día de hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular  

            Para finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta  reivindicación, de limpa pureza democrática, non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas, acabara  por conseguir  a retirada deste símbolo e testemuña  da ignominia e o crime.


ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
11 de setembro de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario