O venres día 25 de febreiro ás 20.00 h, inaugurase na Casa das Artes de Vigo a exposición VERMELLAS Chamabanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural) sobre a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista.
Esta mostra conta con documentación e textos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, ademais da colaboración do equipo de investigación do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934.
Para o proxecto expositivo de Vigo, financiado polo Concello de Vigo, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" incorporou diferentes gráficas nas que se poden estudar a represión exercida ás mulleres, así como os nomes das mulleres represalidas na cidade de Vigo, procedentes da investigación que o equipo leva desenvolvendo desde o 2006.
Datas: do 25 de febreiro ata o 20 de marzo
Horarios: luns a venres de 18:00 a 21:30
sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30
domingos de 11:00 a 14:00
http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion/vermellas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario