martes, 22 de febreiro de 2011

Músicos do Eixo na Coruña durante a Segunda Guerra Mundial

As complexas e cambiantes relacións do Franquismo cos países do Eixo (Alemaña e Italia) no curso da Segunda Guerra Mundial tamén tiveron o seu reflexo nunha disciplina á que moitas veces, segundo explica a filósofa Lydia Goehr (1994), mesmo os seus propios creadores e transmisores non lle recoñecen o seu indubidable potencial político: a música.

Os gobernos de Franco, Mussolini e Hitler, en cambio, demostraron recoñecer tal potencial sobradamente, pois puxeron en marcha un programa de intercambios musicais que non se limitaba ao puramente artístico, senón que estaba cargado de significados destinados a reforzar a unión simbólica entre as tres nacións, con mensaxes dirixidas a diversos tipos de público. Aínda que, en consonancia co centralismo do réxime, a maior parte deste programa de intercambios tivo lugar en Madrid, esta peculiar forma de propaganda musical chegou tamén a Galicia baixo a forma de catro concertos celebrados na Coruña entre 1941 e 1944 (...).

Eva Moreda
Máis en http://www.revistamurguia.com/ .

Ningún comentario:

Publicar un comentario