Sr. Caballero, é un bo costume social que, sempre que unha persoa diríxese á outra con boas maneiras, educación e respeto, a segunda conteste pola súa banda coa mesma educación. É un principio básico nunha convivencia social civilizada.
Un home con cargo público coma vostede, debería cumplir estas normas básicas e trasladar á política o que na vida civil é simplemente educación.
A Asociación Viguesa pola Memoria pola Memoria Histórica 36, dirixiuse a vostede para que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, fose retirada a cruz franquista do Castro. Dirixiuse a vostede con todos os respetos, seguindo todas as canles legais e civilizadas marcadas polo noso ordenamento xurídico.
Presentamos escritos no Rexistro do Concello, un deles avalado pola firma de máis de 4.000 cidadáns. Sabe vostede desta reclamación por nós e tamén polos medios de comunicación. Pero a día de hoxe, seguimos sen contestación despois de dous anos. Contestación que merecemos recibir, aínda que só fora por educación, de parte do noso alcalde.
Vostede ignora e menosprecia a unha Asociación recoñecida polo Concello de Vigo como “Viguesa Distinguida” no ano 2007, unha distinción máis que respetable no ámbito da nosa cidade, e que nós recibimos cunha enorme alegría. Solicitamos durante estes dous anos manter unha reunión con vostede. Nin se dignou contestar.
Cando un Alcalde despreza desta maneira a unha asociación cidadán, como é a Asociación Viguesa pola Memoria do 36, negándolle a palabra, o que fai é negar a esencia da democracia. Sr Alcalde, Vigo non é o seu “CASAL” A vostede nomearono alcalde un grupo de concelleiros /as de dous partidos, os cidadáns non eleximos alcaldes Para estar ao servizo do pobo que os elixiu, non para que vostede intente utilizalos coma servos ao seu servizo Esa época, Sr Caballero rematou no 1978, aínda que as suas obras nos recordan de maneira alarmante a personaxes do noso pasado, e tamén a outros que, aínda que elexidos polo pobo, esquecen as leis cando así lles convén, ou simplemente por motivos arbitrarios.
Tamén é preocupante que os/as representantes elixidos polo pobo que o situaron a vostede na alcaldía son tan responsables como vostede mesmo por consentir a aldraxe que comete coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. A uns e a outros pedímoslles un comportamento democrático.
En fin: ¿cándo pensa vostede cumplir coa Lei da Memoria Histórica e retirar a cruz do Castro? ¿Cal é realmente a súa opinión? ¿Seica non lle gusta a lei? ¿Será que non se sinte obligado a respetala? ¿Cómo pode ser que non se sinta obligado a falar cos cidadáns que solicitan unha resposta por parte do seu alcalde?
Despois de tantos anos, pensamos que como cidadáns –e non súbditos- vostede ten a obriga moral e legal de darnos unha resposta.
Facemos un chamamento aos membros da Corporación para que rematen coa situación aldraxante que estamos a vivir
A directiva.
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
Viguesa Distinguida 2007
Marzo de 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario