venres, 25 de febreiro de 2011

Se poideran, volverían a matarvos....



Sábado, 5 de febreiro, 2011

"A nosotros nos dejaron sin nuestros familiares, pero orgullosos de ellos.
Pero a ellos les quedaron las malas semillas, pues no tienen ni nunca tuvieron corazón."
Saúde é REPÚBLICA.

xoves, 24 de febreiro de 2011

Exposición "VERMELLAS Chamabanlles rojas"

O venres día 25 de febreiro ás 20.00 h, inaugurase na Casa das Artes de Vigo a exposición VERMELLAS Chamabanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural) sobre a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista.

Esta mostra conta con documentación e textos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, ademais da colaboración do equipo de investigación do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934.

Para o proxecto expositivo de Vigo, financiado polo Concello de Vigo, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"  incorporou diferentes gráficas nas que se poden estudar a represión exercida ás mulleres, así como os nomes das mulleres represalidas na cidade de Vigo, procedentes da investigación que o equipo leva desenvolvendo desde o 2006.

Datas: do 25 de febreiro ata o 20 de marzo
Horarios: luns a venres de 18:00 a 21:30
              sábados de 11:00 a 14:00 e de  18:00 a 21:30
              domingos de 11:00 a 14:00

http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion/vermellas/

martes, 22 de febreiro de 2011

Músicos do Eixo na Coruña durante a Segunda Guerra Mundial

As complexas e cambiantes relacións do Franquismo cos países do Eixo (Alemaña e Italia) no curso da Segunda Guerra Mundial tamén tiveron o seu reflexo nunha disciplina á que moitas veces, segundo explica a filósofa Lydia Goehr (1994), mesmo os seus propios creadores e transmisores non lle recoñecen o seu indubidable potencial político: a música.

Os gobernos de Franco, Mussolini e Hitler, en cambio, demostraron recoñecer tal potencial sobradamente, pois puxeron en marcha un programa de intercambios musicais que non se limitaba ao puramente artístico, senón que estaba cargado de significados destinados a reforzar a unión simbólica entre as tres nacións, con mensaxes dirixidas a diversos tipos de público. Aínda que, en consonancia co centralismo do réxime, a maior parte deste programa de intercambios tivo lugar en Madrid, esta peculiar forma de propaganda musical chegou tamén a Galicia baixo a forma de catro concertos celebrados na Coruña entre 1941 e 1944 (...).

Eva Moreda
Máis en http://www.revistamurguia.com/ .

sábado, 19 de febreiro de 2011

A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL MONGE: 
   A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO
Martes, 22 de febreiro de 2011 , ás 20 horas
Casa do Libro de Vigo
   Ademais do autor, participarán na presentación: Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, Telmo Comesaña da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e o avogado Gustavo García, da Fundación Galega contra a Impunidade.

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Dous tíos foron asasinados polo franquismo en Dueñas (Palencia). Sufriu a represión da Ditadura, pasando polo cárcere de Basauri en 1968; en 1973 estivo dous meses no cárcere da Coruña por multa gobernativa, con motivo do Xuízo 1001, e despedido en Ferrol como profesor por “faltas inxustificadas” ao traballo, cando estaba no cárcere; despedido en 1974 por “orde gobernativa”.
Pasou varias veces pola Comisaría da Coruña, unha delas o 14 de abril de 1977, pouco antes das primeiras eleccións democráticas. En 1984 foi suspendido de emprego e soldo cando traballaba en Agualada (Coristanco).
Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007. Colabora como articulista en diversos medios de comunicación. Publicou en 1999 o libro Autovías Galegas. Crónica dunha farsa; en 2003 A Coruña de Paco Vázquez e en 2007 Outra Coruña é posíbel.
Na actualidade é presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas. Aquí, en Galiza, non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio; como sinala o xuíz Garzón, “un plan sistemático e preconcebido de eliminación de oponentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas”, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña.
Aquí houbo campos de concentración; os franquistas roubaron miles de menas e nenos ás súas familias, sen que o Goberno se implique na súa recuperación; aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado. Non podemos esquecer!
A chamada Transición, moi valorada polo paso pacífico dunha ditadura á democracia, tivo aspectos moi negativos, como o pacto de silencio dos principais partidos para deixar de lado o tema das vítimas do franquismo e a conversión, na práctica, da Lei de Amnistía nunha impunidade dos crimes do franquismo. Este libro é un acto de xustiza con todas as persoas que deron a súa vida ou sufriron a represión franquista e que foron xermolos de paz e liberdade.