luns, 23 de setembro de 2013

Visita a España do Grupo de Traballo das Nacións Unidas sobre as Desaparicións Forzadas

Boas tardes,

Logo de saudarlles, quixésemos agradecerlles en nome do Grupo de Traballo das Nacións Unidas sobre as Desaparicións Forzadas ou Involuntarias polo interese na súa visita oficial a España do 23 ao 30 de setembro de 2013.

A delegación do Grupo de Traballo estará integrada polos expertos Ariel Dulitzky e Jasminka Dzumhur. Dous funcionarios do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (ACNUDH) acompañarán aos expertos durante a visita, o Sr. Ugo Cedrangolo (Secretario do Grupo de Traballo) e a Srta. Yiyao Zhang.

A visita incluirá reunións con autoridades, sociedade civil e familiares, así como avogados, académicos e outros actores pertinentes. O Grupo tamén visitase memoriales e/ou lugares de significado histórico polo seu mandato. Durante a visita, o Grupo viaxará a Madrid (23-25 de setembro), Barcelona (25 e 26 de setembro), Sevilla (27 e 28 de setembro) e Vitoria (27 e 28 de setembro).

Nas cidades mencionadas anteriormente o Grupo manterá unha reunión colectiva con sociedade civil e familiares de desaparecidos:

En Madrid: martes, 24 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.

En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Rallye,

En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Praza de Armas

En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Canciller Ayala

O Grupo de Traballo tamén ten previstas reunións separadas con avogados que han litigado ou litigan casos de desaparicións forzadas ante os tribunais:

En Madrid: luns, 23 de setembro, ás 19:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.

En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Rallye,

En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Praza de Armas

En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Canciller Ayala

Non dubiden en facer a invitación extensible a outras organizacións e/ou particulares que consideren relevantes e que traballen sobre o tema das desaparicións forzadas ou involuntarias de persoas.

Así mesmo, invitámoslles a enviarnos calquera información relevante que queiran poñer por adiantado en coñecemento do Grupo de Traballo. Calquera información por escrito que queiran presentar conjuntamente á súa presentación oral é tamén bienvenida.

A fin de que os expertos do Grupo de Traballo teñan a oportunidade de facer preguntas e comentarios rogámoslles que, na medida do posible, as presentacións durante as reunións fáganse de xeito coordinada.

Para rematar, para referencia, incluímos unha nota informativa sobre o mandato do Grupo de Traballo que inclúe unha nota biográfica dos expertos.

Finalmente, gustaríanos sinalar que o Grupo de Traballo manterá unha conferencia de prensa o último día da súa visita, o 30 de setembro, onde presentará as súas conclusións preliminares.

Non dubide en contactarnos por calquera pregunta ou aclaración a través dos seguintes correos (wgeid@ohchr.org; ucedrangolo@ohchr.org; merazo@ohchr.org).

Saúdos cordiais,

Secretaría do Grupo de Traballo

luns, 16 de setembro de 2013

Nota de prensa sobre a cruz do Castro (Vigo)



A    CRUZ  DO CASTRO “  NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013

           
 Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO  36 “, recoñecida como”Viguesa Distinguida “  polo Concello de Vigo  que co respaldo das asinaturas de  4041 vigueses e viguesas e colectivos cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da Memoria Histórica” quere amosar a súa satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase  no  pleno municipal do pasado nove de setembro.
 
               Porén,  a nosa Asociación non pode  por menos que amosar a súa máxima preocupación  logo de que, nese mesmo pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font,  fixera publico a existencia dun pacto, digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non proceder ao derrubamento da citada cruz.
           
            Tal sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que, por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a todas e todos os vigueses en xeral:  un, qué negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,  onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que ademais é propiedade do Concello ? .
           
            Na Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36  pensamos que a cidade de Vigo, como todas as cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á cidadanía,  e no por medio de pactos secretos propios de formas de gobernos autocráticos.
             
            Non é o noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre lembrar que os cargos públicos  deben dar conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que empregar  a  Sra. Carmela Silva e o  Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros   do PSOE - para explicar a  abraiante contradicción que existe entre ter apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?
         
                Asemade, tamén queremos agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado,  que a Asociación  Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha cruz cristiá, tal como afirma o Concello.  Compre sinalar que, a día de hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular  

            Para finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta  reivindicación, de limpa pureza democrática, non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas, acabara  por conseguir  a retirada deste símbolo e testemuña  da ignominia e o crime.


ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
11 de setembro de 2013

xoves, 12 de setembro de 2013

Petición ao Parlamento de Galiza: Institucionalización do 17 de Agosto como Día da Galiza Mártir

Dirigida a Pilar Rojo Noguera

 Petición creada por Fundación Alexandre Bóveda

A primeira vez que os dereitos e liberdades nacionais do pobo galego foron recoñecidas xurídica e políticamente incardináronse dentro do marco constitucional da IIa República española, coa abrumadora maioría social que permitiu plebiscitar o Estatuto de Autonomía galego o 28 de Xuño de 1936.

Poucas semanas máis tarde producíuse a sublevación violenta dun segmento das forzas armadas do Estado español, instigada e apoiada por sectores reaccionarios e organizacións políticas paramilitares de ideoloxía fascista, contra do réxime constitucional da IIa República e do seu lexítimo goberno, saído das eleccións democráticas celebradas en Febreiro do mesmo ano de 1936; gañadas polo Frente Popular.

Logo desa sublevación anticonstitucional e antidemocrática, milleiros de cidadáns e cidadás, galegos e galegas, nacionalistas ou non; mais demócratas en todo caso, e todos e todas leais e fieis ao réxime constitucional republicano, ás liberdades democráticas vixentes e máis ao Estatuto de Autonomía de Galiza xa plebiscitado, foron asasinados/as sen xuízo previo ou executados/as por sentenzas de tribunais títeres das forzas sublevadas. Outros/as, coñecidos/as popularmente como fuxidos/as, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista e foron perseguidos/as durante décadas até o seu completo exterminio. Moitos/as máis aínda padeceron o exilio e, nel, seguiron a loitar polo restablecemento das liberdades individuais e colectivas do pobo galego e pola reconstitución dun réxime democrático en Galiza e no Estado español.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura emblemática para todas as persoas que seguiron a loitar por esa causa no exilio até a súa morte, inmortalizou simbolicamente no seu álbum “Galicia Mártir” a todas as vítimas da represión fascista en Galiza durante a Guerra de España. A máis representativa delas á súa vez, a quen Castelao adicou o seu testamento político, o libro “Sempre en Galiza”, e máis a quen el ergueu á categoría de símbolo de todas no seu descurso “Alba de Gloria”, foi Alexandre Bóveda Iglesias, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun proceso irrisorio e aldraxante en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936.

Na citada colección de estampas existe unha que foi enormemente difundida, coñecida e comentada, que se denomina “A derradeira lección do mestre” da que os/as coetáneos/as de Castelao, os/as seus/súas colaboradores/as, persoas que coñeceron e que mesmo estiveron ao pé del nos momentos nos que éste compuxo o álbum, afirmaban que a persoa que xace morta no chan ten a faciana e os trazos exactos de Bóveda.

Castelao fíxolle así unha primeira homenaxe a un home cristián e crente que á hora de tomar unha decisión entre as súas crenzas individuais, aplicadas miméticamente aos esquemas ideolóxicos, sociais e políticos da época, ou a lealdade ao seu país, optou por manterse fiel ao insobornábel compromiso político de liberdade da súa Patria.

Bóveda fixo da Vila de Pontevedra un escenario privilexiado para desenvolver os seus proxectos. Alí uníronse Castelao e Bóveda e xuntos participaron de andainas sociais, culturais e políticas nunha das etapas máis fecundas da historia da cidade capitalina: fixeron parte da Coral Polifónica; colaboraron no proxecto reformista de Daniel de la Sota -Presidente da Deputación de Pontevedra-, do que xurdirían empresas de longo percorrido coma o Museo de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galiza -dirixida por Cruz Gallástegui Unamuno-, as Pensións Artísticas da Deputación -que deron unha extraordinaria xeración de artistas-, mais sobre todo a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, obra persoal dun novísimo Alexandre Bóveda, que en 1930 foi nomeado primeiro Director da institución con tan só 26 anos.

Alexandre Bóveda, xunto a Lois Tobío, Carvalho Calero e Vicente Martínez-Risco, foi o vertebrador do Anteproxecto de Estatuto que elaborou o Seminario de Estudos Galegos; defendéndoo na decisiva Asemblea de Concellos celebrada en Compostela do 17 ao 19 de Decembro de 1932, e asumindo a responsabilidade e a tarefa histórica de impulsar o laborioso proceso de aprobación do propio texto estatutario, culminado finalmente co apoio cidadán maioritario no referendo do 28 de Xuño de 1936.

Logo do levantamento militar fascista de Xullo de 1936, Bóveda foi xulgado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra e, acusado de traizón, foi condenado a morte; cumpríndose a sentenza co seu fusilamento na mañá do 17 de Agosto de 1936 na Caeira (Poio). Esta condena a morte e o posterior asasinato de Alexandre Bóveda constitúen unha inxustiza histórica que debe ser reparada mediante a recuperación e a rehabilitación institucional da súa figura, así como a divulgación do seu inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia e do progreso de Galiza.

Nos últimos anos sucedéronse distintos acordos institucionais que tiñan como obxectivo o recoñecemento da figura humana e política de Alexandre Bóveda: a homenaxe institucional do Concello de Poio, o nomeamento por aclamación como Fillo Predilecto de Ourense, adoptado na Corporación Provincial ourensá, e máis recentemente o nomeamento de Fillo Adoptivo da Cidade de Pontevedra, xunto coa concesión da medalla de ouro de Pontevedra, polo que, con esta petición, demandamos do Parlamento de Galiza que honre a todas as persoas mártires da liberdade na Historia do pobo galego, institucionalizando como Día da Galiza Mártir o 17 de Agosto, cabodano da morte de quen Castelao converteu en símbolo de todas elas, o cidadán galego Alexandre Bóveda Iglesias, e máis a rehabilitación pública e política do propio Bóveda e de todos/as os/as mártires da liberdade que él mesmo simboliza na memoria histórica e democrática do noso pobo.

O Parlamento é a Cámara de representación de todos os galegos e galegas e, daquela, demandamos dela que recoñeza a Bóveda e a todos/as os/as mártires galegos, como unha institución que represente verdadeiramente ao noso pobo, na referencia aos valores humanos e democráticos que fican mentados.

Por todo o anterior, ao abeiro do disposto no Artigo 4.1 da Lei Orgánica 4/2001, de 12 de Novembro, reguladora do Dereito de Petición, instamos ao Parlamento de Galiza:

.- A declarar e instituir como “Día da Galiza Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional na Comunidade Autónoma de Galiza e xornada non laborábel no seu ámbito territorial, en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente, no 1o Estatuto de Autonomía de Galiza, plebiscitado o 28 de Xuño de 1936.

.- A incoar a revisión do proceso seguido e condena a morte ditada contra o dirixente do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda Iglesias, por un tribunal das forzas antodemocráticas sublevadas contra do réxime constitucional da IIa República española, e executada en Poio o día 17 de Agosto de 1936.

.- A rehabilitar, de xeito institucional, pública e políticamente a figura de Alexandre Bóveda Iglesias e, simbólicamente expresada nela, a de todos/as os/as cidadáns e cidadás mortos/as en Galiza, a partires de Xullo de 1936, en defensa da mesma causa pola que foi executado Bóveda.

.- A promover institucionalmente a celebración de actos protocolares da devandita rehabilitación pública e política para o primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore.

Pontevedra, 17 de Agosto do 2013.
Podedes asinar esta petición no seguinte enlace:

Videos do acto homenaxe en San Simón

O pasado 21 de xullo tivo lugar o acto homenaxe anual na illa de San Simón, estes son os videos que gravou o compañeiro Tomás Montero da Asociación Memoria y Justicia de Madrid

Orden de intervención:

Himno de Riego 
http://www.youtube.com/watch?v=PDaX8DGiyjE

Presentacion de Telmo Comesaña 
http://www.youtube.com/watch?v=ykr6kpw9Bhk

Intervención de Mª José Barreiro 
Intervención de David Fernández
Intervención de Enriqueta Otero 

Intervención de Jorge Gomez
http://www.youtube.com/watch?v=Q9SvTGHPupw

Intervención de Manuel Idelfonso Puente
http://www.youtube.com/watch?v=0LkYpRCa8cY
Poesia de Manuel Xío Blanco 

Interpretación de Samuel Acuña
http://www.youtube.com/watch?v=hzENcqHJdl4

Pombas e Himno Galego
http://www.youtube.com/watch?v=KmIzIj57p8U

Postado por Blogger na Estación Atlántica
http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2013/09/videos-do-acto-homenaxe-en-san-simon.html

O pleno de Vigo rexeita demoler a cruz do Castro

Socialistas e populares remítense a un acordo plenario de 1981 para manter que é un monumento a "todos os caídos"

VIGO, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

O pleno do Concello de Vigo rexeitou este luns unha moción do BNG que instaba ao goberno local, entre outras medidas, a demoler a cruz do Castro para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Así, mentres que o PP votou en contra da iniciativa, o grupo do PSOE abstívose ao non aceptar os nacionalistas que se votasen por separado as diferentes medidas propostas.

A moción, defendida por Iolanda Veloso, instaba ao goberno local a demoler esa cruz que, segundo precisou "non é un monumento relixioso, nin unha homenaxe a todos os caídos, senón un emblema fascista, inaugurado polo dictador Francisco Franco". Así mesmo, pedíase a eliminación de referencias franquistas do callejero de Vigo, e o seu sustitución por nome de "persoas republicanas loitadoras".

Na moción do BNG tamén se instaba ao Concello a colocar un panel de advertencia próximo aos restos do capitán Carreró, que indique "que foi un criminal fascista", así como a adherirse ao proceso xudicial que se desenvolve en Arxentina contra os delitos de genocidio cometidos pola ditadura franquista.

Iolanda Veloso advertiu, tanto a PSOE como a BNG, de que o acordo plenario de xuño de 1981, que aprobaba a colocación dunha placa na cruz para que se convertese nun monumento de recoñecemento "a todos os caídos", non foi máis que unha forma de "reescribir a historia". "Tirar a cruz do Castro é unha cuestión de xustiza", apuntou a portavoz nacionalista, que lamentou a existencia de "vestixios" da ditadura na cidade, cinco anos despois de que se aprobou a Lei de Memoria Histórica.
PSOE E PP

O portavoz do grupo do PSOE, Carlos López Font, defendeu que "os socialistas sempre estiveron preocupados pola memoria histórica", e repasou as actuacións do goberno local para cumprir a lei, como cambio de nomenclatura en lugares da cidade, ou retirada de símbolos de fachadas de edificios institucionais e relixiosos.

Con todo, aínda que "a lei está para cumprir", Font precisou que "a fijación pode converter en símbolo o que non o é", e aludiu ao acordo plenario de 1981. "Hoxe, a cruz do Castro é só iso, unha cruz", sentenciou.

Pola súa banda, o concelleiro Roberto Relova, en nome do PP, limitouse a precisar que o grupo popular declara un "apoio total" ao acordo de 1981, adoptado por unanimidad. Por iso, este grupo votou en contra da moción do BNG.

Ler máis: http://www.europapress.es/galicia/noticia-pleno-vigo-rechaza-demoler-cruz-castro-abstencion-psoe-negativa-pp-20130909111802.html

Acto de homenaxe en Castroverde (Lugo)


A Iniciativa Galega pola Memoria (coordenadora de grupos memorialistas da Galiza), vai celebrar un acto  de homenaxe ás vítimas do franquismo na provincia de Lugo, aínda que extensible a tódalas vítimas do franquismo en xeral, para o domingo 13 de outubro de 2013, na parroquia de Montecubeiro, a carón do monolito de homenaxe que está alí mesmo desde hai xa dez anos.

O acto comenzaría sobre as 12:30 horas, e logo de rematar haberá xantar de fraternidade para quen quixera... Un restaurante de Castroverde ofreceunos un menú sobre os 15 euros por persoa a base de callos de primeiro e cordeiro de segundo, con postre e bebidas. Tamén hai posibilidade de xantar vexetariano.

Saúde e República,

Rubén Afonso (CRMH da Coruña)

Nota: dende Vigo estamos a procura de fletar un autobús para asistir a este acto. Si estades interesados podedes poñervos en contacto con nós (Telmo Comesaña 659 041 394). O billete rondaría os 10 €.