xoves, 9 de abril de 2015

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN VIGUESA

ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36

A CRUZ FRANQUISTA DO MONTE DO CASTRO DE VIGO AO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

O pasado 9 de febreiro ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revocou, co voto en contra dunha maxistrada, a sentenza do xulgado de Vigo que ordenaba a retirada da Cruz Franquista do monte de “O Castro .”

En rolda de prensa posterior ao coñecemento da sentenza, fixemos unha declaración na que se ben acatabamos esta, deixabamos claro que non a compartiamos e facíamos publica a nosa decisión de non solicitar recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional pola dificultade do mesmo e polo custe económico que suporía ; máxime cando os fondos da Asociación estaban valeiros logo dos tres procedemento xudiciais abertos para esixir ao Concello de Vigo o derrubamento da Cruz . Esta situación foi a que levou á Asociación a dar por rematada a vía xudicial.

Dende aquela, e sempre asesorados polo noso avogado, a Asociación non deixou de estudiar o tema e tampouco deixou de escoitar as voces que lle animaban a non abandonar. Pasado este tempo chegamos á conclusión de que hai posibilidades reais de que o Tribunal Constitucional anule a sentenza do TSXG. En consecuencia sería moi frustrante para nós e para todos @s que agardaban unha sentenza favorable que despois de tantas esperanzas abertas e tanto traballo realizado, non ter sido capaces de chegar ata o final da vía xudicial, convencidos como estamos de que hai posibilidades de obter unha sentenza favorable.

Por isto anunciamos que imos presentar recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional sen renunciar, por suposto, a todas as demais iniciativas que se leven a cabo . O custe económico do recurso é de 3000 Euros. Para recadalos faremos unha colecta cidadán pondo en circulación uns BONOS DE AXUDA de 2, 5 e 10 euros durante os meses de abril e maio.

Chamamos á conciencia e ao compromiso antifascista dos vigueses e viguesas, das asociacións veciñais, dos colectivos sociais e culturais, dos sindicatos e dos partidos políticos que se pronunciaron e aínda se pronuncian pola retirada do monumento franquista, para que adquiran bonos e para que, na medida do posible,colaboren solidariamente na súa venda.

ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
Viguesa Distinguida 2007