venres, 8 de novembro de 2013

Notas de prensa denunciando o asalto ao despacho do avogado Gustavo García



A ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO E A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36

queren expresar a súa máis enérxica condena polo ataque e os destrozos levados a cabo por bandas fascistas  contra o despacho do avogado vigués Gustavo García

Ao mesmo tempo que amosamos a nosa solidariedade co letrado, queremos esixir do goberno do Partido Popular, do ministerio de xustiza e do fiscal xeral do estado que artellen todos os instrumentos legais necesarios para  declarar fora da lei e perseguir a este tipo de organizacións fascistas e as súas canles de  propaganda , difusión e proselitismo político e ideolóxico

                                                     En Vigo a 6 de novembro de 2013

Aquí tedes un video de como quedou o despacho:

http://www.youtube.com/watch?v=lzVQBj2ezug&feature=youtu.be

 /---------------/

Abaixo pego a nota de prensa que a CRMH da Coruña enviou aos medios de comunicación condenando o atentado fascista ao despacho do avogado vigués Gustavo García, secretario da Fundación Galega contra a Impunidade.

Para máis información, mirade esta ligazón:

http://www.memoriadacoruna.com/index.php/143-artigos-portada/8063-asalto-fascista-ao-despacho-dun-letrado-que-impulsa-a-causa-contra-franquismo

NOTA DE PRENSA: A COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN  DA  MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA CONDENA O ATENTADO FASCISTA AO DESPACHO DO AVOGADO VIGUÉS  GUSTAVO GARCÍA

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH),  condena enérxicamente o atentado fascista que recibíu o avogado vigués Gustavo García na madrugada do pasado lúns, no seu despacho da rúa Mestre Mateo, de Vigo. Alí botaron eses energúmenos fascistas moreas de excrementos, realizando pintadas ameazadoras como “Viva el fascio”e “Rojos hijos de puta”, e destrozando o material e o mobiliario no devandito despacho. Gustavo García é o secretario da Fundación Galega contra a Impunidade do Franquismo.

Asemade, a CRMH da Coruña  insta ás autoridades autonómicas, policiais e xudiciais a perseguir aos responsables deste execrable atentado, persecución que entendemos que debe de facerse coa máxima urxencia. Non pode ser que defender ás vítimas do franquismo sexa motivo para que sucedan estes atentados fascistas. Por iso, a CRMH da Coruña exixe ao goberno autonómico e estatal do Partido Popular que fagan o seu traballo, simplemente para que os dereitos civís de cidadáns libres non queden pisoteados e aldraxados  polo fascismo máis reaccionario e caduco nestes tempos. Alomenos, que os devanditos gobernos teñan a mesma dilixencia á hora de perseguir estes tipos de delitos que a que teñen á hora de mirar para outro lado cando se lles fala da defensa dos dereitos das vítimas do franquismo cando xustamente piden que se saiba a Verdade sobre o que lles fixo o franquismo, que se faga Xustiza porque as vítimas así o merecen, e que se busque a Reparación a eses delitos recibidos.

A Coruña, 7 de novembro de 2013.

Rubén Afonso Lobato, secretario da CRMH da Coruña.
 

sábado, 26 de outubro de 2013

DEMANDA PRESENTADA NO XULGADO DO CONTENCIOSO Nº 2 DE VIGO SOBRE A CRUZ DO CASTRO



Ó XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE VIGO

            GUILLERME PRESA SUÁREZ, avogado, na representación da ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36, segundo teño acreditado no Procedemento de Protección dos Dereitos Fundamentais nº 224/2013,  perante ese Xulgado comparezo e DIGO:

            Que cumprimentando o trámite conferido, por medio do presente escrito paso a FORMALIZAR A DEMANDA, baseándome nos seguintes

FEITOS

            PRIMEIRO: A denominada Cruz dos Caídos do Monte do Castro de Vigo foi erixida como consecuencia de unha proposta que fixo ó Concello de Vigo a Xefatura Local de “Falange Tradicionalista y de las JONS”, que escolleu tamén o lugar do seu emprazamento actual, aprobándose a proposta en sesión extraordinaria da Comisión Municipal Permanente de 12 de agosto de 1959.
            Tras un primer proxecto mais modesto, en maio de 1961 o arquitecto municipal presenta o proxecto definitivo, con unha cruz de 12 metros de altura, ampliando o perímetro para unha maior visibilidade do monumento e un maior aforo de persoas nas cerimonias, engadíndose un sarcófago, dúas coroas de loureiro en bronce, a inscripción “Caídos por Dios y por España ¡Presentes! 1936-1939”, un escudo de España, un escudo de Vigo, os emblemas da “Falange” e os Requetés, unha escaleira “imperial” de acceso e, no frontispicio do arranque das escaleiras, as figuras de un mariño e un soldado cos uniformes da época e os emblemas en bronce dos tres exércitos.
            Foi inaugurada o 14 de setembro de 1961 persoalmente polo dictador Francisco Franco e en ese lugar realizáronse exaltacións do franquismo sobre todo cada 20 de novembro, cabodano da morte do fundador da “Falange”, celebracións que perduraron até a morte do dictador, sendo tamén en ese lugar onde se realizaron as exequias polo seu pasamento.

            SEGUNDO: Ca toma de posesión da primeira Corporación Municipal da democracia, o Partido Comunista de Galicia (PCG), que tiña tres Concelleiros, presentou unha moción a principios de 1980 reclamando o derrubo da cruz dos caídos do Castro, requirindo en varias ocasións para que fose elevada ó Pleno sen conseguilo.
            O 30 de xuño de 1981 o Alcalde Manoel Soto Ferreiro presentou unha moción de urxencia propoñendo instalar unha placa no monumento adicando o mesmo ós mortos dos dous bandos, pretensión que recebeu o voto en contra dos tres Concelleiros do PCG e da Concelleira do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG), sendo aprobada por maioría; pero dita placa nunca foi instalada.
            O que si foi aprobado por unanimidade foi a retirada da simboloxía fascista e as inscripcións existentes no mesmo pero aínda a día de hoxe permanecen no frontispicio do arranque das escaleiras as figuras dos dous soldados cos uniformes da época e os emblemas en bronce dos tres exércitos.

            Na sesión plenaria do Concello de Vigo de 27 de febreiro de 2006 foi aprobada por unanimidade unha moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego instando a retirada da simboloxía franquista, na que textualmente se dicía:
            Tampouco non podemos deixar de sinalar, nesta moción, o monumento ós caídos situado na ladeira do Castro e que coa chegada dos concellos democráticos foi reconvertido en monumento ós mortos da guerra civil, reconversión que non consegue eliminar a súa carga simbólica inicial claramente franquista por ser un modelo típico que se repite noutras zonas, xunto co monolito existente nun dos extremos da praia de Rodas, nas Cíes, presidido por un “Víctor” como homenaxe a Franco.
            Franco, certamente, pertence a historia, pero non cabe que símbolos que renden recoñecemento social á ditadura permanezan nos espacios públicos da cidade e do Concello, a non ser que se comparta ese recoñecemento”.

            O monolito das Illas Cíes foi derrubado o 1 de xullo de 2008.



            TERCEIRO: A Asociación demandante ven insistindo na súa petición ó Concello de retirada do obxecto mencionado desde o 17 de abril de 2008 (rexistro de entrada nº 80047594), cando presentou a primeira solicitude, que foi reiterada o 6 de agosto de 2008 (rexistro de entrada nº 80098451), o 31 de maio de 2010 (rexistro de entrada nº 100076283) e o 23 de agosto de 2010 (rexistro de entrada nº 100110314), e reclamada por 4.046 cidadáns e 30 asociacións e colectivos de Vigo (como se acreditou co escrito de 31 de maio de 2010), sen que o Concello respostase nunca as peticións.
            O 19 de xullo de 2011 presentouse escrito exercitando o dereito fundamental de petición do art. 29 CE, regulado pola Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, para que en virtude do disposto no art. 15.1 da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura (coñecida como Lei da Memoria Histórica), que obriga as administracións públicas a tomar as medidas oportunas para a retirada de obxectos ou mencións conmemorativas da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da dictadura, instando a que “proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo”.
            A pesares da súa obriga constitucional de responder, o Concello non acusou recibo da petición, nin a respondeu nin realizou actividade algunha ó respecto, motivo polo que a Asociación demandante presentou demanda que se seguiu como Procedemento de Protección dos Dereitos Fundamentais nº 4/2011 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, que dictou sentenza o 19 de decembro de 2012 estimando parcialmente a demanda e ordenando “retrotraer las actuaciones para que en el plazo máximo de un mes a partir de la notificación de esta sentencia, por la Administración, o bien se proceda a inadmitir motivadamente la petición de revisión formulada por la parte actora, o bien incoe el procedimiento correspondiente y resuelva lo procedente”, pronunciamento que se complementa co exposto no Fundamento Xurídico segundo, penúltimo parágrafo, no que consta: “Lo procedente, entonces, es ordenar a la Administración que se pronuncie expresamente, bien por inadmitir motivadamente la petición, bien por tramitar el oportuno procedimiento, acomodándose a los trámites de la LO reguladora y del Reglamento Municipal, acordando en definitiva lo que proceda”.

CUARTO: O 10 de xanerio de 2013 o Alcalde-Presidente dictou resolución incoando o expediente nº 1349/110 para resolver a petición que a Asociación demandante formulara o 19 de xullo de 2011.
O 22 de xaneiro de 2013 o instructor emitiu unha proposta previa de desestimación da pretensión, dando trámite de audiencia a Asociación que represento para formular alegacións, que foi notificada o 30 de xaneiro.
Mediante escrito da Asociación demandante que tivo entrada no rexistro do Concello o 12 de febreiro se formularon alegacións.
O 1 de marzo de 2013 a Xunta de Goberno Local adoptou o acordo de non acceder a petición.
Dita resolución non foi notificada a Asociación demandante, que tivo noticia da súa existencia cando foi presentada no procedemento de Protección de Dereitos Fundamentais nº 4/2011 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

I.- Competencia.
Corresponde ó Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo en virtude do disposto no art. 8 LXCA.

II.- Lexitimación.
Corresponde  ós demandantes conforme ós arts. 18 e 19 a) LXCA.
A lexitimación pasiva corresponde á administración demandada por ser a autora do acto impugnado, en virtude do disposto no art. 21 a) LXCA.

III.- Obxecto do recurso.
Constitúe o obxecto do proceso o indebido rexeitamento da solicitude da Asociación que represento para que o Concello de Vigo cumpra as obrigas que se lle impoñen na Lei 52/2007, e, concretamente, para que, en aplicación do art. 15 de dita Lei, adopte as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos” sito no monte do Castro de Vigo.

IV.- Procedencia do recurso especial.
O recuso debe sustanciarse polos trámites dos arts. 114 e ss. LXCA ó resultar denegada pola administración municipal unha petición fundada artellada a través do dereito fundamental de petición do art. 29 CE, segundo establece a Lei Orgánica 4/2001 no seu art. 12.

VI.- Fondo do asunto.
            I.- O Concello de Vigo é o propietario do obxecto a retirar.

            II.- O obxecto en custión constitúe un elemento de exaltación colectiva da sublevación militar, da Guerra Civil e da dictadura franquista, polo que está incluido no art. 15.1 da Lei 52/2007, o que obriga o Concello de Vigo a proceder a súa retirada.
            O Concello recoñece na súa resolución  que “é certo e indubitado que a “Cruz dos Caídos”, no seu día, hai cincuenta e dous anos, foi erixida co exclusivo fin de exaltar e eloxiar a sublevación militar, a Guerra Civil e aos mortos, aos caídos, do denominado “bando nacional”, e que tal monumento supuxo nese ano de 1961 e posteriores un agravio inútil, unha humillación innecesaria, un sufrimento engadido e unha afronta absurda para aquelas persoas que non secundaron a ideoloxía  da Ditadura”.
            Pero entende o Concello que con a aprobación, afirma que por unanimidade,  no Pleno de 30 de xuño de 1981 de unha moción que declaraba que ese monumento representaba “A todos os mortos da Guerra Civil 1936-1939” e acordaba a retirada dos símbolos e lendas existentes, o mesmo converteuse en “un elemento neutro de simboloxía relixiosa e hoxe non implica exaltación ningunha”.
            Nembargantes, ese acordo plenario non foi aprobado por unanimidade, senón con a expresa oposición de catro Concelleiros (tres do Partido Comunista e un do Bloque Nacional-Popular Galego), polo que non se pode afirmar que os representantes de todos os cidadáns vigueses estivaran de acordo con esa decisión.
            En segundo lugar, non toda a simboloxía foi retirada xa que aínda permanece hoxe parte dela, concretamente as figuras dos dous soldados, un do exército de terra e outro da mariña, vestidos con uniformes franquistas, no frontispicio do arranque da escalera “imperial”, xunto con emblemas en bronce dos tres exércitos.
            Tampouco existe no monumento, en non consta que fose instalada nunca, a placa que indique que o mesmo está adicado “A todos os mortos da Guerra Civil 1936-1939”.
            Pero, sobre todo, tal acordo plenario non podía, por sí mesmo, mudar a significación do símbolo, xa que para iso tería que ter seguido o procedemento administrativo legalmente previsto, xa que os símbolos dos poderes públicos, pola súa importancia, están sometidos ó Dereito.
            Os símbolos son “representacións sensorialmente perceptibles de unha realidade ou de unha idea en virtude de rasgos que se asocian con ésta por unha convención socialmente aceptada (según a definición da RAE) e, desde o punto de vista xurídico, xunto ós feitos e os actos xurídicos están os signos, e algúns signos producen consecuencias xurídicas e por tanto poden denominarse “signos xurídicos” (sobre o valor xurídico dos símbolos vid. F. GONZÁLEZ NAVARRO, “Lo fáctico y lo sígnico: una introducción a la semiótica jurídica”, Eunsa, Pamplona, 1995).
            Polo tanto, os símbolos do Estado, da rexión, da provincia ou do municipio son signos xurídicos porque o ordenamento lles atribúe valor xurídico, e porque poden por sí mesmos producir consecuencias xurídicas en forma de ordes ou mandatos, como por exemplo a obriga de ondear a bandeira ou a prohibición de usar o escudo municipal sen autorización ou, no noso caso, a obriga legal da súa retirada.
            Así, a Lei 5/1997, de 22 de julio, de Administración Local, dispón no seu art 258, que as Entidades Locais poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os existentes ou rehabilitar os que históricamente utilizaran, precisando que “se basearán en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio, conforme ás normas da heráldica”. E, en relación con esta previsión, no seu art. 260 dispón que a Comisión de Heráldica adscrita á Consellería competente en materia de réxime local, será o órgano consultivo da Xunta de Galicia ó que lle corresponda emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación de símbolos (na actualidade, o Decreto 19/2010, de 11 de febreiro, desenvolve a composición e funcións da Comisión Heráldica da Xunta).
            Xa que logo, a normativa autonómica sobre símbolos municipais establece a intervención dos órganos de goberno da Comunidade no procedemento de aprobación ou modificación de símbolos, mediante un procedemento bifásico no que a iniciativa corresponde ó ente local mediante acordo conforme ó disposto no art. 22.2.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, e logo é a Comunidade Autónoma a que aproba a creación ou modificación do símbolo local, concretamente a través do máximo órgano colexiado de Goberno.
            Polo tanto, a Corporación municipal non ten capacidade para modificar un símbolo público sen intervención de outras administracións nin, por suposto, pode mudar o significado de un símbolo fascista e pretender que se trasmute en un símbolo de convivencia, senón que o único que legalmente se pode facer con ese tipo de simboloxía e retirala, como ordea a Lei 52/2007 no seu art. 15.
            Tanto é así que no texto da moción aprobada (esta vez sí, por unanimidade) polo Concello o 27 de febreiro de 2006, afírmase sobre a decisión de Pleno de  30 de xuño de 1981 que esa reconversión “non consegue eliminar a súa carga sombólica inicial claramente franquista”.
           
            O obxecto denominado “cruz dos caídos” non é un símbolo relixioso senón un monumento conmemorativo da sublevación militar golpista de 1936, da dictadura fascista que asolou o país durante 40 anos e dos horrendos crímenes cometidos polos falanxistas e fascistas, que ten que ser retirada para evitar a dor que a súa presencia segue a producir nas víctimas directas e nos seus descendentes, así como a vergoña que calquera demócrata ten que sentir polo seu mantemento.
            A significación de ese monumento resulta acreditado polo informe elaborado polo historiador José Ramón Rodríguez Lago, que se achega con esta demanda, no que se di:
-        que “puede asegurarse sin lugar a dudas que el “monumento a los caídos”, situado en el Monte do Castro de la ciudad de Vigo, representa un elemento conmemorativo relevante de exaltación de la sublevación militar golpista de 1936, de los vencedores de la guerra civil, de la posterior dictadura militar y de las acciones represivas desarrolladas por las organizaciones de la Falange antes, durante y después de la guerra
-        que “desde el punto de vista historiográfico, los denominados “monumentos a los caídos” sólo pueden ser interpretados como indudables símbolos propagandísticos de la dictadura militar, y más concretamente del ideario político de la Falange
-        que “El “monumento a los caídos” de Vigo nunca estuvo ubicado en terreno de consideración sagrada o religiosa, o en propiedad eclesial alguna. El lugar tampoco fue nunca de titularidad eclesial. Respondió desde sus inicios a una iniciativa falangista arropada por el pleno municipal en la época de la dictadura, y erigida en una propiedad del mismo, que previamente había pertenecido al Ejército
-        e que “La retirada en los años 80 de algunos de los símbolos escultóricos falangistas del monumento, no impide constatar en la actualidad que su ubicación, su estética y el mismo diseño arquitectónico que inspiró el monumento se corresponden todavía inequívocamente con la transmisión de valores propios del modelo falangista […] jerarquía, obediencia y virilidad, tradicionales exponentes de la propaganda imperial falangista y claramente contrapuesta a los valores democráticos. Su ubicación estratégica en un lugar privilegiado y simbólico de la ciudad lo convierten en testimonio presente del triunfo de los vencedores en la guerra civil, y memoria de humillación para los vencidos, las víctimas y sus descendientes”.

            III.- O art. 1 da Lei 52/2007, da Memoria Histórica sinala que “A presente Lei ten por obxecto recoñecer e ampliar dereitos a favor de quen padeceron persecución ou violencia, por razóns políticas, ideolóxicas, ou de creenza relixiosa, durante a Guerra Civil e a Ditadura, promover a súa reparación moral e a recuperación da súa memoria persoal e familiar, e adoptar medidas complementares destinadas a suprimir elementos de división entre os cidadáns ...”, co que está recoñocendo dereitos concretos a aqueles cidadáns que, como os membros da Asociación demandante ou os seus familiares, sufriron persecución polas súas ideas.
            O art. 15 da Lei 52/2007 ordea que “As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, personal ou colectiva, da sublevación militar, da guerra civil e da represión da Dictadura”, enfatizando a Exposición de Motivos que esa obriga ven “sustentada no principio de evitar toda exaltación”, salientando que “os cidadáns teñen dereito a que así sexa”, e que “En definitiva, a presente Lei quere contribuir a pechar feridas todavía abertas nos españois e dar satisfacción ós cidadáns que sofriron, directamente ou na persoa dos seus familiares, as consecuencias da traxedia da Guerra Civil ou da represión da Dictadura”.
            Nos mesmos termos imperativos se expresa a Orde CUL/3190/2008, de 6 de novembro, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 31 de outubro de 2008, polo que se dictan instruccións para a reirada de símbolos franquistas nos bens da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes, na que se di: Se procederá á retirada de todos os símbolos os que se refire o art. 15.1 da Lei 52/2007 que se atopen nun ben propiedade da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes”.
            A sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia (sección 2ª) de 5 de decembro de 2012  (recurso nº 4104/2012), sobre a eliminación do rueiro de A Coruña da rúa adicada o Xeneral Millán Astray, a revocación do seu nomeamento como fillo predilecto da cidade e a retirada da súa estatua di:
            No hay Jurisprudencia de la Sala Tercera del Tribunal Supremo interpretando lo dispuesto en la norma. Esta sala, en su sentencia de 21 de octubre de 2010 dictada en el procedimiento ordinario 4343/2010, expresa que “… [el reconocimiento que supuso la denominación de dicha calle] es susceptible de verse afectada por la reevaluación, que la Ley 52/2007 supone […] en conexión con el sentido valorativo de la misma”; en su sentencia de 15 de noviembre de 2012 dictada en el recurso de apelación 4229/2012, también expresa que [el reconocimiento que supuso la denominación de dicha calle] es susceptible de verse afectado por la reevaluación que la Ley 52/2007 representa en cuanto que no resulta desvirtuado que precisamente aquel reconocimiento conectó con las circunstancias contempladas conforme al sentido y finalidad de dicha Ley”.
            O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº. 5 de Valencia, na súa sentenza de  31 de xullo de 2012, sobre a retirada do título de Alcalde honorario da cidade a Francisco Franco di:
            Aun siendo cierto, como así lo resalta el Letrado del Ayuntamiento, que el art. 15 viene referido a la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura, y que el Acuerdo impugnado consistió en la no aceptación de la propuesta de retirada del título de Alcalde honorario a Francisco Franco, no es menos cierto que esa retirada ha de ser incardinada en los supuestos contemplados en el antes citado art. 15 (que conforme al art. 5.1 LOPJ ha de ser interpretado y aplicado según los preceptos y principios constitucionales), por cuanto que quien ostenta aquél título no accedió a la Jefatura del Estado por las vías democráticas entonces establecidas. A mayor abundamiento baste añadir que el mantenimiento de la mención honorífica concedida por el Ayuntamiento de Valencia al general Franco el 1 de Mayo de 1939, resulta incompatible con la voluntad del legislador constituyente de 1978, proclamada en el Preámbulo de la Constitución, de "establecer una sociedad democrática avanzada", y resulta también incompatible con el art. 1.1 de dicha Carta Magna, en el que se refiere que "España se constituye en un Estado social y democrático de Derecho, que propugna como valores superiores de su ordenamiento jurídico la libertad, la justicia, la igualdad y el pluralismo político".

            Este dereito foi concretado na petición, artellada polo canle do dereito fundamental de petición, pedíndolle ó Concello que retire a denominada “cruz dos caídos” do Monte do Castro, elemento claramente incluido no art. 15.1 da Lei mencionada.
            Tal petición debeu ser atendida polo Concello de Vigo, segundo establece o art. 11 da L.O. 4/2001 reguladora do Dereito Fundamental de Petición, que ordea que “Cando a petición se estime fundada, a autoridade ou órgano competente para coñecer dela, virá obrigado a atendela e a adoptar as medidas que estime oportunas a fin de lograr a súa plena efectividade, incluíndo, no seu caso, o impulso dos procedimentos necesarios para adoptar unha disposición de carácter xeral”.

            SOLICITO que tendo por presentado este escrito xunto cos documentos que se achegan, os admita e por  formalizada demanda, dite no seu día sentenza declarando non axustada a dereito a denegación por resolución de 1 de marzo de 2013 da Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo da petición formulada o 19 de xulio de 2011 na que se solicitaba que, en aplicación do disposto no art. 15.1 da Ley 52/2007, de 26 de decembro, “proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo”, recoñecendo o dereito da Asociación demandante á retirada de tal obxecto e ordenando á administración demandada a que así o faga.


En Vigo a 17 de outubro de 2013






ADEMÁIS DIGO que intereso o recibimento do pleito a proba, que versará sobre os seguintes puntos de feito e propoñendo os seguintes medios de proba:

1.- DOCUMENTAL consistente no expediente administrativo e os documentos achegados por esta parte ca presente demanda.

2.- MAIS DOCUMENTAL consistente en:
-     que se remita oficio ó Concello de Vigo a fin de que acheguen ó proceso certificación do acordo municipal de 30 de xuño de 1981 (alegado na resolución administrativa impugnada) polo que se acordou a colocación de unha placa na denominada “cruz dos caídos” do Monte do Castro con a lenda “Polos mortos da Guerra Civil 1936-1939” e a retirada da simboloxía fascista, incluíndo o texto da moción, as intervencións de todos os Concelleiros e o resultado da votación.
-     que se remita oficio ó Concello de Vigo a fin de que acheguen ó proceso acreditación documental da colocación na denominada “cruz dos caídos” do Monte do Castro de unha placa con a lenda “Polos mortos da Guerra Civil 1936-1939” en cumplimento do acordo plenario de 30 de xuño de 1981.
-     que se remita oficio ó Concello de Vigo a fin de que acheguen ó proceso certificación certificación do acordo municipal de 27 de febreiro de 2006 (aportada por esta parte como copia con esta demanda) polo que se acordou a retirada da sombolixía franquista das fachadas, incluíndo o texto da moción, as intervencións de todos os Concelleiros e o resultado da votación.

2.- PERICIAL a prestar por José Ramón Rodríguez Lago, Doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, con domicilio para citacións en Universidade de Vigo, Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Despacho B-206, Campus Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo, a fin de que aclare, amplíe e explique o informe pericial obrante no expediente.
 Trátase de probar a vinculación da denominada “cruz dos caídos” co réxime franquista e, porén, a súa inclusión na Lei 52/2007, coñecida como Lei da Memoria Histórica.

3.- RECOÑECEMENTO XUDICIAL a fin de que se comprobe como na denominada “cruz dos caídos” do Monte do Castro non exite ningunha placa que adique a mesma ós mortos de ambos bandos da Guerra Civil e como permanecen no frontispicio do arranque das escaleiras de acceso as figuras de un soldado en un mariño con uniformes franquistas e os emblemas en bronce dos tres exércitos.

SOLICITO se teña por feita a anterior manifestación ós efectos legais oportunos.

E TAMÉN DIGO que expresamente intereso o trámite de vista e conclusións.

SOLICITO se teña por feita a anterior manifestación.

E TAMÉN DIGO que a contía de este procedemento é indeterminada.

SOLICITO se teña por feita a anterior manifestación.


Mesmo lugar e data.

mércores, 16 de outubro de 2013

el maquis el movimiento guerrillero en Galicia Leon y el Bierzo 1936-1952

https://www.youtube.com/watch?v=GVUhsMq7fjA

La memoria recobrada - capítulo 2 - "Galicia, la tempestad del 36"

Velaquí una das entregas dunha serie de cinco documentales retransmitida no seu día por "a 2" de RTVE e que resulta imposible de localizar en "RTVE á carta"...

Impactoume moito ver un par de entregas no seu momento, fai anos, e creo que son unha fonte de testemuños de primeira man que foran silenciados sistemáticamente durante anos, ou aos que non se deu a cobertura debida...

Colgalo aquí é o meu gran de area, a miña humilde contribución á difusión desta historia enterrada e a socavar a idea de que o noso réxime político saldou as débedas adquiridas durante o que se di que terminou fai xa uns trinta e tantos anos...

Que non se perdan

https://www.youtube.com/watch?v=HHr1ePKH_w4

domingo, 6 de outubro de 2013

Viaxe dende Vigo ao Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro (Lugo).

O próximo 13 de outubro, a partir das 12:30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no ano 36 por parte dos franquistas.

A Asociación Viguesa pola Memoria Históirca do 36, pon un autobús para as persoas que queiran achegarse connosco a Montecubeiro dende Vigo. O prezo da viaxe é de 12 € € e o xantar de 15 €. A saída  será ás 8.20 horas da Avda de Madrid (frente sanatorio Concheiro)
 
As persoas interesadas que o fagan ao tfn. 986 241 497  ( Telmo )

Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados en principios liberadores a tais manifestacións do innomeable alcalde. Manifestacións que conforman unha verdadeira apoloxía do franquismo, unha defensa duns principios própios do franquismo máis reaccionario. Feito este, que só é posible pola non penalización da exaltación do franquismo, inxusta medida que ven funcionando desde a promulgación da Lei de Amnistía do ano 1977, que fixo posible que os criminais e as vítimas foran postos nun mesmo nível. A Iniciativa Galega pola Memoria posiciónase desde sempre en contra da dita apoloxía do franquismo, e tamén a favor da derrogación da Lei de Amnistía do 1977, que só conduce e conducíu á impunidade dos crimes franquistas. Por todo isto, convocamos este acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro, que terá a seguinte programación:

- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.

- Intervención do representante do Delegado da Deputación de Lugo de Cultura e Turismo, Sr. Mario Outeiro.

- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.

- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.

- Actuación da artista galega Mercedes Peón.

Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento

luns, 23 de setembro de 2013

Visita a España do Grupo de Traballo das Nacións Unidas sobre as Desaparicións Forzadas

Boas tardes,

Logo de saudarlles, quixésemos agradecerlles en nome do Grupo de Traballo das Nacións Unidas sobre as Desaparicións Forzadas ou Involuntarias polo interese na súa visita oficial a España do 23 ao 30 de setembro de 2013.

A delegación do Grupo de Traballo estará integrada polos expertos Ariel Dulitzky e Jasminka Dzumhur. Dous funcionarios do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (ACNUDH) acompañarán aos expertos durante a visita, o Sr. Ugo Cedrangolo (Secretario do Grupo de Traballo) e a Srta. Yiyao Zhang.

A visita incluirá reunións con autoridades, sociedade civil e familiares, así como avogados, académicos e outros actores pertinentes. O Grupo tamén visitase memoriales e/ou lugares de significado histórico polo seu mandato. Durante a visita, o Grupo viaxará a Madrid (23-25 de setembro), Barcelona (25 e 26 de setembro), Sevilla (27 e 28 de setembro) e Vitoria (27 e 28 de setembro).

Nas cidades mencionadas anteriormente o Grupo manterá unha reunión colectiva con sociedade civil e familiares de desaparecidos:

En Madrid: martes, 24 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.

En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Rallye,

En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Praza de Armas

En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 17:00 horas, no hotel NH Canciller Ayala

O Grupo de Traballo tamén ten previstas reunións separadas con avogados que han litigado ou litigan casos de desaparicións forzadas ante os tribunais:

En Madrid: luns, 23 de setembro, ás 19:00 horas, no hotel NH Paseo do Prado.

En Barcelona: xoves, 26 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Rallye,

En Sevilla: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Praza de Armas

En Vitoria: venres, 27 de setembro, ás 19:30 horas, no hotel NH Canciller Ayala

Non dubiden en facer a invitación extensible a outras organizacións e/ou particulares que consideren relevantes e que traballen sobre o tema das desaparicións forzadas ou involuntarias de persoas.

Así mesmo, invitámoslles a enviarnos calquera información relevante que queiran poñer por adiantado en coñecemento do Grupo de Traballo. Calquera información por escrito que queiran presentar conjuntamente á súa presentación oral é tamén bienvenida.

A fin de que os expertos do Grupo de Traballo teñan a oportunidade de facer preguntas e comentarios rogámoslles que, na medida do posible, as presentacións durante as reunións fáganse de xeito coordinada.

Para rematar, para referencia, incluímos unha nota informativa sobre o mandato do Grupo de Traballo que inclúe unha nota biográfica dos expertos.

Finalmente, gustaríanos sinalar que o Grupo de Traballo manterá unha conferencia de prensa o último día da súa visita, o 30 de setembro, onde presentará as súas conclusións preliminares.

Non dubide en contactarnos por calquera pregunta ou aclaración a través dos seguintes correos (wgeid@ohchr.org; ucedrangolo@ohchr.org; merazo@ohchr.org).

Saúdos cordiais,

Secretaría do Grupo de Traballo

luns, 16 de setembro de 2013

Nota de prensa sobre a cruz do Castro (Vigo)



A    CRUZ  DO CASTRO “  NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013

           
 Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO  36 “, recoñecida como”Viguesa Distinguida “  polo Concello de Vigo  que co respaldo das asinaturas de  4041 vigueses e viguesas e colectivos cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da Memoria Histórica” quere amosar a súa satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase  no  pleno municipal do pasado nove de setembro.
 
               Porén,  a nosa Asociación non pode  por menos que amosar a súa máxima preocupación  logo de que, nese mesmo pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font,  fixera publico a existencia dun pacto, digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non proceder ao derrubamento da citada cruz.
           
            Tal sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que, por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a todas e todos os vigueses en xeral:  un, qué negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,  onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que ademais é propiedade do Concello ? .
           
            Na Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36  pensamos que a cidade de Vigo, como todas as cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á cidadanía,  e no por medio de pactos secretos propios de formas de gobernos autocráticos.
             
            Non é o noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre lembrar que os cargos públicos  deben dar conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que empregar  a  Sra. Carmela Silva e o  Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros   do PSOE - para explicar a  abraiante contradicción que existe entre ter apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?
         
                Asemade, tamén queremos agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado,  que a Asociación  Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha cruz cristiá, tal como afirma o Concello.  Compre sinalar que, a día de hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular  

            Para finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta  reivindicación, de limpa pureza democrática, non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas, acabara  por conseguir  a retirada deste símbolo e testemuña  da ignominia e o crime.


ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
11 de setembro de 2013