domingo, 23 de setembro de 2012

Justicia crea un archivo sobre los 4.440 españoles que murieron en campos de concentración nazis



Lanza un buscador en la web del Ministerio para obtener los datos de los fallecidos en Alemania y Austria.
Españoles en el campo de Mathausen
El Ministerio de Justicia ha puesto en marcha una base de datos a través de la cual se podrá acceder a la información sobre los 4.440 españoles que murieron en los campos de concentración nazis de Austria y Alemania durante los años de la posguerra española, ha informado este miércoles de departamento del Alberto Ruiz-Gallardón. El Gobierno considera que esta iniciativa es de interés tanto para investigadores como para particulares, y es accesible a través de la pestaña de Memoria Histórica, en la web del Ministerio de Justicia.
La base de datos funciona a través de un buscador en el que se pueden rellenar uno, varios o todos los campos que ofrece, de forma que el sistema arrojará la información que coincida con los campos completados. Para cada una de las 4.440 víctimas, la aplicación ofrece su nombre y apellidos, fecha y lugar de nacimiento, fecha y lugar de fallecimiento, y el documento histórico original del aviso de deceso. Las certificaciones relativas a esta documentación podrán solicitarse al Registro Civil Central.
El lanzamiento de esta base de datos ha sido posible gracias al proceso de digitalización de las fichas enviadas por el Ministerio de Excombatientes y de Víctimas de la Guerra de Francia, en las que se incluyen los avisos oficiales de decesos de los fallecidos en campos de concentración. Estos datos se encontraban encuadernados en diez volúmenes que entraron en el Registro Civil español a mediados de los años cincuenta, en los cuales aparecen los datos de estas personas. Una vez digitalizada la información, se ha procedido a ordenarla y a elaborar la base de datos.
Con esta actuación, la División de Derechos de Gracia y otros Derechos completa el trabajo iniciado por la Oficina de Víctimas de la Guerra Civil y de la Dictadura, cuyas competencias ha asumido tras la reestructuración del departamento. Justicia considera que esta iniciativa se encuadra en la "normal aplicación y desarrollo de la Ley 52/2007, de 26 de diciembre, por la que se reconocen y amplían derechos y se establecen medidas en favor de quienes padecieron persecución o violencia durante la guerra civil y la dictadura".

mércores, 15 de agosto de 2012

Acto 10º aniversario do monolito de Alcabre


A ASOCIACIÓN VIGUESA
POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36 
(Viguesa Distinguida 2007)

CONVIDA:

ACTO DE MEMORIA NO 10º CABODANO DA INAUGURACIÓN DO MONOLITO EN LEMBRAZA DOS ASASINADOS NA PRAIA DE FONTES E DOS FONDEADOS AO CARÓN DO FARO DE CABO DE MAR

LUGAR: Praia de Fontes, Avda de Samíl, ao carón do bar Los Olmos(Vigo)

DÍA/ HORA: venres, 17 de agosto, ás 20 horas

Acto íntimo no que faremos un breve repaso polo devalar da memoria ó longo desta década, lembraremos ás vitimas. Lerase poesía, faremos a ofrenda floral e remataremos como mellor nos pareza, sempre unidos arredor da memoria .

A Directiva
 

luns, 6 de agosto de 2012

Contestación a Alfonso Segovia Lago


REISIÑO

Con certa frecuencia, D. Alfonso Segovia Lago difunde nesta sección un glosario das virtudes do cura Emilio Álvarez Martínez como un exemplo de sacerdote: fundador da revista Martín Códax, da cofradía  de nuestro padre Jesús del Silencio, das tres gracias, e de algunhas cousas máis. O mellor cura de Vigo, de Galicia e posiblemente de España.
Alá polos anos 40 e 50, do pasado século, escoitei conversas encol do Reisiño, e non eran loubanzas, non; referíanse a un cura siniestro e malfeitor. Pasados tantos anos, chégame a información do persoeiro nun libro do historiador José Ramón Rodríguez Lágo CRUZADOS O HEREJES. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil da editorial NIGRATREA.

O historiador describe ao Reisiño como eu xa o coñecía daquela, e arestora xa non é un comentario, está documentado.

Ao pé da foto de Emilio Álvarez figura un texto que di: El sacerdote Emilio Álvarez Martínez, apodado REISIÑO, alma mater de la agrupación Martín Códax en la ciudad de Vigo, apoyó decisivamente las medidas represivas llevadas a cabo en la ciudad. (pax.140)
Relata un grupo de curas que en Galicia tuveron participación direta na represión, e sobre REISIÑO di: Entre los más aplicados en extender las dósis del odio se encontraba el sacerdote Emilio Álvarez Martínez, que en Vigo dirigió una escuadra de falangistas encargada de la represión en toda la comarca. Su trayectoria vital es un claro exponente  de la síntesis entre mentalidad integrista y violencia fascista. (pax. 139)

A información deste siniestro cura, que xa coñeciamos e mais, queda confirmada ahora neste libro.            

                                                                                                                                
Telmo Comesaña Pampillón  

Esta carta foi publicada en Faro de vigo o sábado día 4 de agosto do 2012

xoves, 28 de xuño de 2012

A Pegada dos Avós -

Proyecto documental de memoria histórica pero desde un punto de vista particular y muy poco tratado: quienes buscan respuestas son un grupo de adolescentes, estudiantes de segundo de bachillerato artístico. A través de su mirada y sus reflexiones intentarán comprender el drama de la Guerra Civil, la dictadura y la represión y, como dicen ellos "conocer de primera mano lo que no viene en los libros". Ellos escucharán las voces de los "abuelos" y los "abuelos" intentarán conocer también el por qué de su motivación.
NOTA DEL EQUIPO: Por las características de este método de reunir fnanciación teníamos que plantearnos un objetivo razonable que nos permita hacer frente a determinados gastos de producción. El importe necesario para cubrir la totalidad de la producción son 12.000€
 Podedes entrar na páxina:
 http://www.kifund.com/es/project/a-pegada-dos-avos-la-huella-de-los-abuelos
 para obeter máis información sobre como apoiar este proxecto.
Un saludo 
Xosé Abad
Director del documental
0034981272729

Exposición "A MARIÑA REPUBLICANA"

A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36
e a
GALERÍA DE ARTE SARGADELOS
 CONVIDAN
A INAUGURACIÓN da exposicion "A MARIÑA REPUBLICANA" que terá lugar na GALERÍA DE ARTE SARGADELOS, R/URZAIZ, 17, o vindeiro luns 2 de xullo, ás 20:00 horas     
HOMENAXE aos máis de 4000 MARIÑOS republicanos exiliados nas posesións francesas do norte de África
Fondo:  DAVID FERNANDEZ MARTÍNEZ, fillo do autor, DAVID FERNÁNDEZ DOPICCO, militar republicano.

luns, 14 de maio de 2012

Portugal homenaxea 56 vítimas da represión do 1936 na Galiza

Este sábado, 12 de maio, ás 15 horas portuguesas como estaba previsto comezaron os actos de homenaxe aos homes e mulleres mort@s polo franquismo na Galiza, na ponte Internacional de Monção, co descubrimento dunha placa en que figuran os nomes das 56 persoas homenaxeadas cunha referencia á terra da súa orixe cando esta se coñecer.

martes, 14 de febreiro de 2012

Rúa Manuel Fraga en Monforte de Lemos

Aberto un prazo para alegar contra a rúa Manuel Fraga
Unha asociación de historiadores di que o acordo do pleno ofende ás vítimas do franquismo
Carlos Cortés. Monforte / a voz 11 de febreiro de 2012 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/02/11/abierto-plazo-alegar-contra-calle-manuel-fraga/0003_201202M11C2991.htm

A polémica decisión de adxudicarlle ao segundo tramo da rolda urbana de Monforte o nome de Manuel Fraga foi publicada onte polo Concello no Boletín Oficial da Provincia (BOP). É un paso obrigado, previsto polo regulamento municipal, algo que en calquera outro caso pasaría desapercibido. Neste caso, con todo, é posible que o prazo de presentación de alegacións non pase sen pena nin gloria. Mentres tanto, a polémica segue sumando opinións. A última, a dunha asociación de historiadores, que lle acaba de enviar unha carta ao alcalde na que lle pide que revogue o acordo.

O anuncio publicado onte é o primeiro que se fai en aplicación da ordenanza asinada o 16 de xuño do ano pasado polo alcalde, Severino Rodríguez, na que se regula a denominación e rotulado das vías públicas do municipio, así como a súa numeración. Esa normativa nacía para adoptar as recomendacións efectuadas ao Concello polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para corrixir as deficiencias existentes na numeración dalgunhas rúas, que complican a identificación dos residentes no padrón municipal.

Pero tamén é de aplicación en casos como este, de novas denominacións para as rúas. A ordenanza establece que a capacidade de elixir nomes é competencia do pleno da corporación, pero marca un prazo de vinte días durante o cal quen senta prexudicado pola decisión pode presentar alegacións para tratar de impedir a entrada en vigor do novo nome. Se non se presentasen reclamacións, pasados os vinte días, o acordo do pleno sería firme.

O anuncio enviado ao BOP polo Concello especifica que o tramo de rúa que será denominado «Manuel Fraga Iribarne» será o anaco da circunvalación urbana que lle dá continuidade a róldaa María Emilia Casas Baamonde e une a rúa Chantada, desde a coñecida como rotonda do hórreo. coa de Ourense.

Repulsa enérxica

En relación con esta polémica, a Asociación Galega de Historiadores fixo público esta semana na súa páxina web o contido dunha carta enviada ao alcalde pola dirección deste colectivo sobre a decisión de porlle o nome de Fraga a unha rúa.

A asociación manifesta a súa «enérxica repulsa» e invita ao alcalde a que presente el mesmo unha moción para corrixir o que eles consideran como unha falta de respecto aos represaliados durante o franquismo. Os responsables deste colectivo de historiadores sosteñen que o goberno local monfortino débelle unha «urxente reparación ás vítimas do franquismo» e suxírelle ao alcalde que esa compensación debería ser «pública, inmediata e ir alén dás palabras».

A Asociación Galega de Historiadores foi fundada en 1990. A carta ao alcalde monfortino a firma o seu presidente, Carlos Velasco Souto.

martes, 1 de novembro de 2011

XEOGRAFIA DA REPRESIÓN EN GALICIA (1936-1939)

O Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces publica desde hoxe na súa Páxina Web, http://www.nomesevoces.net, o especial dedicado á Xeografía da Represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939.
Este contido, elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto Nomes e Voces, Dionisio Pereira, desenvólvese no marco do Convenio de Colaboración co Ministerio de Justicia.

Agardando que esta información sexa de interese, recibide un saúdo cordial.


Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598
memoriaguerracivil@usc.es
http://www.nomesevoces.net