A
ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO E A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO
36
queren expresar a
súa máis enérxica condena polo ataque e os destrozos levados a cabo por bandas
fascistas contra o despacho do avogado vigués
Gustavo García
Ao mesmo tempo que
amosamos a nosa solidariedade co letrado, queremos esixir do goberno do Partido
Popular, do ministerio de xustiza e do fiscal xeral do estado que artellen
todos os instrumentos legais necesarios para
declarar fora da lei e perseguir a este tipo de organizacións fascistas e
as súas canles de propaganda , difusión
e proselitismo político e ideolóxico
En Vigo a 6 de novembro de 2013
Aquí tedes un video de como quedou o despacho:
http://www.youtube.com/watch?v=lzVQBj2ezug&feature=youtu.be
http://www.memoriadacoruna.com/index.php/143-artigos-portada/8063-asalto-fascista-ao-despacho-dun-letrado-que-impulsa-a-causa-contra-franquismo
Aquí tedes un video de como quedou o despacho:
http://www.youtube.com/watch?v=lzVQBj2ezug&feature=youtu.be
/---------------/
Abaixo pego a nota de prensa que a CRMH da Coruña enviou aos medios
de comunicación condenando o atentado fascista ao despacho do avogado vigués
Gustavo García, secretario da Fundación Galega contra a Impunidade.
Para máis información, mirade esta ligazón:
http://www.memoriadacoruna.com/index.php/143-artigos-portada/8063-asalto-fascista-ao-despacho-dun-letrado-que-impulsa-a-causa-contra-franquismo
NOTA DE PRENSA: A COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN
DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA CONDENA O ATENTADO FASCISTA AO DESPACHO DO
AVOGADO VIGUÉS GUSTAVO GARCÍA
A
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), condena
enérxicamente o atentado fascista que recibíu o avogado vigués Gustavo García na
madrugada do pasado lúns, no seu despacho da rúa Mestre Mateo, de Vigo. Alí
botaron eses energúmenos fascistas moreas de excrementos, realizando pintadas
ameazadoras como “Viva el fascio”e “Rojos hijos de puta”, e destrozando o
material e o mobiliario no devandito despacho. Gustavo García é o secretario da
Fundación Galega contra a Impunidade do Franquismo.
Asemade,
a CRMH da Coruña insta ás autoridades autonómicas, policiais e xudiciais a
perseguir aos responsables deste execrable atentado, persecución que entendemos
que debe de facerse coa máxima urxencia. Non pode ser que defender ás vítimas do
franquismo sexa motivo para que sucedan estes atentados fascistas. Por iso, a
CRMH da Coruña exixe ao goberno autonómico e estatal do Partido Popular que
fagan o seu traballo, simplemente para que os dereitos civís de cidadáns libres
non queden pisoteados e aldraxados polo fascismo máis reaccionario e
caduco nestes tempos. Alomenos, que os devanditos gobernos teñan a mesma
dilixencia á hora de perseguir estes tipos de delitos que a que teñen á hora de
mirar para outro lado cando se lles fala da defensa dos dereitos das vítimas do
franquismo cando xustamente piden que se saiba a Verdade sobre o que lles fixo o
franquismo, que se faga Xustiza porque as vítimas así o merecen, e que se busque
a Reparación a eses delitos recibidos.
A
Coruña, 7 de novembro de 2013.
Rubén
Afonso Lobato, secretario da CRMH da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario