CAUSA
DE MANUEL DEL RÍO, 224/36
Manuel del Río Vázquez,tranviario,líder sindical, veciño de Vigo, que tuvo a triste
sona de ser o primeiro en ser asasinado despois dun xuizo sumarisimo
…A rapidez en preparar a causa contra Manuel
del Río é tal que ao día seguinte, día 2
de agosto,xa se pode levar a cabo a formación do tribunal que vai a presidir o
xuizo; decidindose que, na denominada causa 224/36, sexan conxuntamente
xulgados os tres detidos na parroquia de Nespereira. A constitución do tribunal
será levado a cabo nas instalación que o “Rexemento de Infantería de Mérida” tiña no cuartel de San Sebastián, e será a porta
pechada;quedándose alí decidido que o tribunal debería estar composto polo
tenente coronel do “Rexemento de Artillería Lixeiro nº 15” acantonado en
Pontevedra, Antonio Durán Salgado,, que sería quen exercería de “presidente”;
sendo desinados como “vogais” os catro caopitáns das catro compañías
pertencentes ao “Rexemento de Inantería
de Mérida nº35” que estaban acantonadas en Vigo e que eran: Gonzálo Pérez Díaz,
Luis Castañón de Mena, Antonio Carreró Vergés e José Pérez Navaza; así coomo
tamén o do mesmo emprego, pero do “Rexemento de Artillería nº15”, Miguel Varela
Berenguer. Actuaban ademáis como suplentes, os capitáns Ricardo Martínez Martínez,
da “Caixa de Recrutas nº 53”, e Fernando Ponte Blanco, do referido “rexemento
de Artilería nº15”; como “vogal poñente”
o tenente auditor do 2º, Juan de Villavicencio y Pereira, e como “fiscal” o
tenente auditor da 3ª José Luis Santalo y Rodríguez viguri, sendo o “xuíz”
instructor”, que con tanta prema incoara o expediente o capitán de Infantería Adolfo Rodríguez Sotelo.
Unha vez asignado o persoal acusador, xa que
nestes casos o papel do tribunal e dos fiscais apenas se diferenciaba, estaba
todo argallado para levar a cabo o primeiro xuizo sumarísimo levado a cabo en
Vigo polos militares traidores, una vez consumada a súa felonía. Soamente quedaba escoller, como pequeño e
último detalle a o defensor dos reos, propoñéndoselle, como logo virá sendo o habitual, que os acusados designen un de
inmediato, ou senón que lles asignarán un de oficio, pero que o dito defensor
debería ser, inevitablemente, un militar. Neste caso foilles asignado un alférez de complemento moi novo chamado
José Queizán Hermida; defensor que, ainda que abogado de profesión, se estreaba
nestas lides sumariais.
Ao día seguinte, e sin apenas tempo material
para que o abogado tuvese tempo para ler a documentación, e menos ainda,
preparar una mínima defensa firme, levarase a cabo o xuizo;quedando
establecido que se inicie no “Cuarto de
Bandeiras” do cuartel de San Sebastián ás 15 horas do citado 3 de agosto. O
desenrolo do mesmo será un calco dos dos
que durante os meses seguintes iranse levando a cabo contra os acusados de simpatizar
coa “Fronte Popular” e de opoñerse ó
“Movimiento Salvador” A principal acusación que se lle fai a Manuel non é a de ser un “perigoso líder
revolucionario”, senón a de tenencia de armas, xustificando isto nunha
disposición que o día 21 de xullo, proclamara o comandante da praza, mediante a
cal, todos aqueles que non entregaran as
armas no cuartel de Magallanes serían pasados polas armas, para complicar máis
ainda, si cabe, a situación procesual de Manuel del Río, procedeuse a dar
letura dun informe reservado confeccionado
polo Delegado de Orde Publica, no que diante dos precedentes políticos e
sindicais do detido, o calificaba como…”individuo peligrosísimo”…sinalando
tamén que por estes mesmos precedentes se lle supuña como un dos que fixera
fogo contra as tropas desde as barricadas de Lavadores; ainda que non houbese
probas ao respecto.
Realmente non fai falta moito máis para
condenar ao tranviario. O papel do defensor non pode ser máis que o de estar
presente,para gardar as formas, e o de solicitar a benignidade por parte do
tribunal; pero nunca o de defender das
acusación sao seu cliente. Esta mesma tarde o tribunal ten decidida a condena
para Manuel del Río; “pena de norte”. Para os outros dous acusados será notablemente
máis benigna xa que, co medo no corpo, decidirase que queden en liberdade, ao
ser sobreseída a súa causa.
Compre seguir acelerando o proceso para que o
castigo contra Manuel del Río sexa
cumprido canto antes,, servindo así de escarmentó xeral a todos os “roxos” da
comarca.Ao día seguinte a comunicación
de petición de condena a norte chega a Coruña, onde o auditor de
Guerra, tras una breve análise daralle o visto bo para que poida ser firmada
polo xeneral en xefe da 8ª Rexión Militar, Carlos Bosch Bosch; dándose inmediatamente
notificación a Burgos, á chamada Xunta de Defensa Nacional, que nese momento era o máximo órgano de Poder
das Forzas Rebeldes, e quen decidía sobre a vida e a norte Cumpridos eses
trámites burocráticos , ao día seguinte, 5 de agosto, o comandante da
praza de Vigo Felipe Sánchez pode xa
dispor as ordes precisas para que a
execución poida levarse a cabo ás cinco
da madrugada do día seguinte.
As dúas da madrugada do día 6 de agosto preséntanse na cela onde está agardando
Manuel del Río, o Xuíz Eventual da praza
Benito Otero Brage e o secretario xudicial militar, Luis Fernández; acompañados do seu abogado defensor; dun
delegado do colexio nacional da Coruña e do reitor dos país salesianos. Esta
ámpla comitiva ten a misión de informarlle ao reo que a súa execución é
inminente, e de que ten tres horas para prepararse para un bo morrer; debendo, iso si, antes de nada asinar a recepción oficial da
funesta orde.
Ás cinco da madrugada, cando aínda era escuro
sobre a cidade que se alza aos seus pes, o piquete de execución, composto por
soldados do “Rexemento de Mérida”, está xa disposto fronte aos muros do Castelo
do Castro para levar a cabo a execución; só falta que sexa traído o reo,
convidado imprescindible para este tipo de celebracións. […] Manuel del Río
morreu só; sendo asi o primeiro
executado, tras a celebración dun consello de guerra sumarísimo, en toda a
bisbarra viguesa.
Xunto ao corpo ametrallado do tranviario
achegaráse o médico do Batallón Ildefonso Villabona del Rivero, que será quen
ditamine a norte do reo, e quen autorice a súa entrega no depósito do cemiterio
de Pereiró, onde o seu encargado, Zoilo Rial Iglesias, debería facerse cargo do
mesmo ata o día seguinte; comprometendose, ademais, a que ninguén poida dispor do cadáver sen unha autorización precisa da autoridade
militar.
Ao día seguinte, 7 de agosto, ás 8.30 da mañá,
hora escollida especialmente polo intempestiva, unha pequena comitiva, composta
pola familia máis próxima do defunto, acompañará a Caixa onde levan o cadáver á
fosa nº 175 da zona denominada “15” do
camposanto vigués;, procedendo alí a un rápido, cáseque clandestino, enterramento.
Extractado do libro “CEN PERSONAXES EN TORNO A
UNHA GUERRA”.
Autor: Xoán Carlos Abad Gallego
Vigo 16 novembro 2012
Leido pola bisneta Mónica González Fernández
no acto “LUGAR DE MEMORIA” O MARCO (museo de arte contemporáneo, antiga
cárcere, xulgado e cuartel militar)
Ningún comentario:
Publicar un comentario