Sr D. Luis Espada
Presidente da fundación “VIGUESES DISTINGUIDOS”
ESTIMADO LUIS
Recibimos a carta en demanda da cota anual de 25€ debido a
falta de recursos alleos a Fundación . É de lamentar a baixa dos organismos que
deberan apoiala, mais, coidamos e entendemos que é importante que o Concello
non aporte recursos economicos porque somente da independencia se pode facer un
VIGUISMO INTEGRADOR,tal como é o espirito da FUNDACIÓN.
A Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36 cumple o
cometido de integrar ás familias que ainda hoxe siguen achegándose a nos para
saber onde están soterrados os seus familiares, ou si sabemos o porqué os
xusgaron militarmente, ou si podemos orientalos para buscar documentos que
verifiquen os encausamentos, ou cando nos chaman do Concello - con una falta de
pudor que asombra, - para que atendamos a persoas de diferentes lugares da
xeografía española, e así o facemos porque axudar aos desprezados polas
institucións é a nosa tarefa. Facemolo porque o sentimos, sentimolo porque
tamén nos o sufrimos .
Outra tarefa que temos encomendada nos ESTATUTOS é o de
señalar os LUGARES DE MEMORIA para que non desaparezan, e tantas familias
,arredor de mil en Vigo, saiban onde morreu o seu pai, avó, tío, curmán , etc e
onde foi xusgado. Queremos saber. Temos dereito a saber, e a homenaxealos, e a
demostrar que de acordó doa carta de dereitos humanos de NN.UU foron vítimas de
crimes contra a humanidade.
E cando tiñamos dereito a ser apoiados polas autoridades de
calquera entidade pública, soio temos atrancos e desprezo, sobor de todo do
equipo de gobernó da cidade que nin contesta ás nosas peticiós de entrevista da
forma máis antidemocrática que se pode sofrir, o “DESPREZO”.
E porén facemos un chamamento a diretiva da Fundación de
Vigueses Fistnguidos para que teña en conta o problema que ten un membro da
Fundación e, para mellor coñecemento
solicitamoslles participar nunha reunión
da diretiva que Vd preside.
O viguismo integrador é a nosa tarefa
Atentamente, Telmo
Comesaña Pampillón (Presidente) Vigo 08/02/2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario