Sr.
D. Luis Quinteiro Fiuza
Bispo da diócesis de Tui-vigo
Vigo,
27 de febreiro do 2013
Telmo Comesaña Pampillón, como presidente da
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007), diríxome
a Vd, co respeto que o seu maxisterio
merece para esporlle o seguinte:
ASUNTO:
“CRUZ DO CASTRO”
É de dominio público a tarefa desta Asociación para erradicar os símbolos franquistas, en
cumprimento da Lei 52/2007. Entendemos e así o entenden os historiadores que a
devandita cruz non é un símbolo Cristián
por ser levantada en homenaxe “por los caídos por Dios y por España y de
la División Azul”, inspirada pola Falange española y de las JONS e inaugurada
polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961.
Arestora temos un contencioso – Administrativo co
Concello de Vigo que da como resposta, que una vez foi desposeida dos atributos fascistas da que
estaba adornada pasou a ser una cruz Cristián.
Nada temos en contra das cruces nin de ningún outro símbolo católico,
atópese onde se atope. Pero consideramos que non é un símbolo de concordia, e
como exemplo o manifestado por una
señora, de idade avanzada, diante dunha cámara de televisión: “soy católica
practicante y cuando paso por aquí esta cruz me hiere porque en ella no
encuentro a Dios, sólo recuerdo a un asesino que ensangrentó esta tierra
impunemente”.
Remitímoslle o informe pericial que o historiador
entregou no xulgado, encol da devandita cruz, e porén pregámoslle, si ten a
ben, a súa opinión encol do ASUNTO en cuestión.
Attme.
Fdo.:
Telmo Comesaña Pampillón
Ningún comentario:
Publicar un comentario