A Iniciativa Galega pola Memoria (coordenadora de grupos memorialistas da Galiza), vai celebrar un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo na provincia de Lugo, aínda que extensible a tódalas vítimas do franquismo en xeral, para o domingo 13 de outubro de 2013, na parroquia de Montecubeiro, a carón do monolito de homenaxe que está alí mesmo desde hai xa dez anos.
O acto comenzaría sobre as 12:30 horas, e logo de rematar haberá xantar de fraternidade para quen quixera... Un restaurante de Castroverde ofreceunos un menú sobre os 15 euros por persoa a base de callos de primeiro e cordeiro de segundo, con postre e bebidas. Tamén hai posibilidade de xantar vexetariano.
Saúde e República,
Rubén Afonso (CRMH da Coruña)
Nota: dende Vigo estamos a procura de fletar un autobús para asistir a este acto. Si estades interesados podedes poñervos en contacto con nós (Telmo Comesaña 659 041 394). O billete rondaría os 10 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario