luns, 23 de maio de 2011

Paul Preston: “Galicia era unha zona de dominio da dereita, a represión foi realmente gratuíta”

Mentres que os rebeldes levaron a cabo "un plan preconcebido de exterminio", as autoridades da Segunda República "intentaron poñer fin ás atrocidades desde o comezo" do conflito.
Paul Preston (Liverpool, 1946), un dos máis prestixiosos hispanistas da actualidade, acaba de presentar o ensaio El holocausto español. Odio y exterminio en la Guerra Civil y después, onde aborda as “atrocidades” cometidas nos bandos franquista e republicano a raíz do golpe de Estado de 1936 e as súas “diferenzas”. Preston, catedrático Príncipe de Asturias de Historia Contemporá­nea española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España Con­temporánea da London School of Econo­mics, sintetiza nesta obra unha década de estudos que lle supuxo “un gran desgaste emocional” e que naceu coa vocación de “contribuír á reconciliación”.

Cales serían as principais diferenzas entre ambos os dous bandos enfrontados na Guerra Civil?
Hai dúas grandes diferenzas, que tamén teñen relación entre si. A primeira refírese á intencionalidade. Na zona rebelde os asasinatos foron a consecuencia dunha penitencia deliberada. Houbo un plan preconcibido de exterminio do que eu denominaría o pobo republicano, de todos os sectores máis representativos do ideario republicano: alcaldes, edís, mestres de escola ou sindicalistas. Ademais, na zona republicana as autoridades intentaron poñer fin ás atrocidades desde o comezo. Esa é a gran diferenza. A maioría dos crimes en zona republicana leváronse a cabo á marxe das autoridades e a través de elementos que foron soltados dos cárceres a consecuencia do colapso do aparello republicano tras o golpe militar. Outros foron persoas de esquerdas que se quixeron vingar dos que consideraban responsables do golpe militar. A segunda diferencia é de escala. Na zona republicana os mortos foron uns 50.000, unha cifra espantosa, pero o groso das baixas tivo lugar entre o 18 de xullo de 1936 e finais de decembro dese ano, cando o Goberno republicano estaba en vías de restablecer a orde pública. En cambio, na zona rebelde os mortos foron 150.000 como mínimo, tres veces máis.

Coñecemos ben as batallas das grandes cidades pero vostede afonda no libro nas vítimas lonxe da fronte, como ocorreu en Galicia. Que características tiveron este tipo de mortes?
Esta é outra das grandes diferencias. Porque a maioría dos asasinatos en zona republicana tiveron lugar nas grandes cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga... sitios con representación diplomática doutros países e correspondentes estranxeiros de prensa. En cambio, en Andalucía, Estremadura e Galicia o groso dos mortos quedou fóra do alcance deses testemuños. As autoridades rebeldes tiveron moito coidado á hora de excluír os correspondentes dos periódicos para que non presenciasen eses feitos e a maioría dos asasinatos ocorreron moi lonxe de onde puidese haber testemuños. Galicia é un caso moi rechamante porque foi unha zona politicamente de dominio do centro dereita e da dereita e a represión foi realmente gratuíta. Nas eleccións da Fronte Popular, Galicia non quedou como un área marcadamente de esquerdas en absoluto, non obstante a represión foi brutal tanto en Ferrol, A Coruña, Vigo e Pontevedra como no agro, sobre todo nas dúas provincias máis dereitistas: Lugo e Ourense.

A súa obra está a resultar incómoda para algunhas persoas. É un síntoma de que na España do século XXI aínda non quedaron pechadas esas feridas?
En xeral o libro tivo reseñas positivas tanto en sectores de dereitas como de esquerdas. Recibín moitos testemuños de lectores que foron parentes das persoas das que falo no libro, e de xente que conta con casos semellantes nas súas familias. Logo houbo dúas correntes críticas. Por unha banda está evidentemente a extrema dereita, cunha posición contraditoria porque nega a escala da represión franquista e á vez argumenta que esa violencia estivo xustificada ante os crimes da República. Iso xa o esperaba porque ese sector non busca a reconciliación. Logo houbo outras voces máis serias, aínda que persoalmente penso que están equivocadas, que afirman que todos eran igualmente malos e queren establecer unha equivalencia exacta entre os dous bandos. E coido que é unha postura que case pecha os ollos ante o inmenso sufrimento dos seus compatriotas, e iso a min chócame como estranxeiro. E é que ao intentar establecer esta equivalencia, comparan a actividade de Franco, Mola, Queipo de Llano e eses xenerais que dirixían oficialmente as matanzas na súa zona, coa dos anarquistas na zona republicana. E iso é absurdo porque a idea da equivalencia esquece algo moi importante, que a zona rebelde foi totalitaria e quedou baixo a disciplina férrea militar e o que aí pasou foi obra dos militares e dos seus aliados. E a República foi pluralista e as súas autoridades foron en contra das atrocidades. E non se poden comparar aos desmandos dos anarquistas, que realizaron actividades en contra da orde pública, co que ocorreu na outra zona, onde eses crimes estiveron dirixidos desde arriba.

Afirmou que outra gran diferenza entre ambos os dous bandos foi o respecto republicano cara á muller. O golpe de estado, en que medida determinou o papel feminino nos anos posteriores?
A Segunda República introducira unha serie de leis que outorgaban moitos dereitos á muller. Déralle o voto e o dereito ao divorcio. E eses dereitos femininos ían en contra da ideoloxía mesma da dereita, que postulaba que a muller tiña que estar subordinada ao home en todo. A figura da muller independente e solteira alporizaba a moitos sectores da dereita. Durante o alzamento, parte do pagamento ás columnas africanas era que por varias horas podían facer o que quixesen en cada vila pola que pasaban: roubos, violacións e demais. En xeral, os crimes sexuais eran unha parte moi importante do castigo dos rebeldes á República pola súa ousadía ao intentar cambiar a posición da muller. En cambio, na zona republicana atopamos institucións que recoñeceron a igualdade de xénero. E ideoloxicamente os partidos republicanos tamén estaban a favor da igualdade de xénero. Así que houbo unha inmensa diferencia en ambas zonas con respecto a estes abusos e aos crimes sexuais.

Fala de reconciliación. Ten manifestado que este libro pretende ser unha achega nese sentido. Cre necesario iniciar outro tipo de Transición e rachar co pacto de silencio establecido en España?
Quizais se esaxere un pouco sobre o grao de crispación existente. Hai que ter en conta que houbo case tres xeracións que naceron tras a morte de Franco. Cada vez hai máis xente que non sabe nada da Guerra Civil, e nenos e adolescentes que nin sequera saben quen era Franco. Nese sentido, o groso do traballo faino o paso do tempo. Pero é obvio que si que hai certo grao de crispación e espero que este libro sexa unha contribución á reconciliación, para facerlle ver a moita xente que a dor tamén existiu no outro bando, non aos políticos que queren manter viva esa crispación. Que iso sexa suficiente? Non creo. Pero espero que sexa unha contribución. E se o libro suscita debate, agardo que a longo prazo sirva para esa reconciliación.

No libro emprega o termo holocausto, o masacre dun pobo. Xa mencionou ese plan de exterminio preconcibido na dereita desde arriba pero, podemos establecer algún paralelismo con outros holocaustos?
Partín da base de non discutirlle ao pobo xudeu a dor pola que pasou. Pero non creo que haxa un monopolio da palabra holocausto. Este termo vén do grego e significa “queimar todo”. En latín holocaustum pasou a significar “sacrificio”, pero a partir do século XIV empezouse a usar para falar dunha “gran matanza”, e así se veu utilizando ao longo dos anos. Falouse por exemplo do holocausto dos armenios en 1913 e hoxe en día alúdese a un posible holocausto nuclear. Así que o termo úsase moito fóra do contexto da Segunda Guerra Mundial. Ademais moitos historiadores xudeus prefiren empregar a palabra hebrea shoah, que significa “catástrofe, calamidade, desastre e destrución”. Os investigadores xudeus adoptaron esta verba e prefírena a holocausto, porque esta última ten unha connotación relixiosa que se pode referir á matanza dun pobo en termos relixiosos. Neste contexto, eu non atopaba outra palabra que encapsulase mellor a escala, o grao e a intensidade do sufrimento de medio millón de inocentes en España durante a Guerra Civil, sen ofender a historia xudía.

Os crimes dos republicanos cara aos relixiosos tiveron o mesmo alcance que os que logo promoveu a Igrexa en contra deles?
Non me gusta falar de crimes dos republicanos, senón de actos criminais que ocorreron dentro da República. É comprensible que, despois do asasinato e a persecución do clero dentro da zona republicana, a xerarquía eclesiástica estivese totalmente en contra da República. Pero tamén hai que ter en conta que a Igrexa estivo a favor do alzamento desde o primeiro momento. Os crimes dos anarquistas, que foron o sector maioritario que ostentou o anticlericalismo, intensificaron a oposición que mantivo a Igrexa cara á República.

O Vaticano beatificou a moitos mártires asasinados no conflito pero non pediu perdón polas vítimas que pereceron a mans dos curas. Cre que é necesario que o Vaticano peche este capítulo?
Creo que o feito de que o Vaticano non fixese isto non o cobre de gloria. E daríalle máis autoridade moral se o fixese.

Ao inicio da súa primeira visita a Galicia, en outubro do ano pasado, o Papa Bieito XVI comparou o anticlericalismo español dos anos 30 co secularismo actual. Que lle parece esta comparación?
Paréceme que o Papa revelou a súa total ignorancia sobre a historia de España.

Está de actualidade unha suposta trama de nenos roubados a partir do franquismo. Ten coñecemento de que isto fose unha modalidade de represión?
Non son experto nesa cuestión, pero é sabido que durante a guerra, nos cárceres de mulleres, en especial nos anos inmediatamente posteriores á guerra, había moito maltrato aos nenos. As nais podían levar con elas os fillos menores de tres anos, e as condicións eran pésimas e morreron moitos. E tamén hai numerosos casos de nenos roubados ás súas nais que foron dados en adopción, e non se sabe se había cartos de por medio. Con respecto aos nenos maiores de tres anos que non tiñan familiares ou amizades para facerse cargo deles, moitos remataron sendo nenos da rúa como os de Brasil. O escándalo actual creo que se cingue máis a un delito económico, a unha actividade que se fixo máis por afán de lucro que por motivos políticos. Considero que son dúas cousas diferentes.

O seu libro causou certa polémica sobre os feitos de Paracuellos. Carrillo mantén que el se limitou a ordenar o traslado de presos e vostede asegura que el coñecía todos os pormenores. Por que cre que segue sen admitir a súa participación nesa matanza?
Debería de preguntarlle a el. En todo caso, opino que o problema é que non hai ningunha dúbida de que Carrillo foi o encargado da organización loxística da evacuación dos presos. Iso admitiuno, pero ofuscou moito o proceso en numerosas entrevistas. O que tamén se sabe é que el coñecía o acordo cos anarquistas que controlaban as estradas de Madrid. Nese acordo tamén se decidiu matar a moitos deses presos. Iso tamén o sabía. Ademais, a persoa que se encargaba de organizar o día a día das evacuacións era Segundo Serrano Poncela, o segundo de a bordo de Carrillo. El pode probar que nunca firmou nada e non temos documentos coa súa sinatura, do mesmo xeito tampouco existen textos que falen das execucións. Iso dáse por sobrentendido. A pesar da súa inmensa contribución á Transición, supoño que Carrillo non quererá ver as súas mans manchadas de sangue.

Que lle parece a aplicación da Lei de Memoria Histórica?
Ten os seus máis e os seus menos. A recente publicación do mapa de foxas paréceme moi importante porque abre a posibilidade de que os familiares saiban onde están enterrados os seus parentes e lles poidan dar unha sepultura digna. Logo houbo conflitos como no caso de Garzón, o que demostra que, recoñecendo os erros do mesmo xuíz no proceso, vemos que hai elementos que aínda non queren que se saiba toda a verdade do que pasou.

O pazo de Meirás, a antiga residencia estival de Franco, acaba de abrir ao público. Como valora que esta propiedade e outras moitas sigan en mans dos seus herdeiros?
A min loxicamente paréceme mal, porque os partidarios de Franco sempre din que el non roubou nada, pero eu diríalles que Franco roubouno todo porque pensou que todo era del. Cría que o patrimonio nacional era seu, como tamén pensaba a súa muller. E hai abundantes probas diso. A forma en que o pazo de Meirás foi regalado á familia sábese, foi unha especie de multa imposta sobre os cidadáns da Coruña e evidentemente iso debe de ser propiedade pública. E chama a atención que a casa natal de Franco, na actual rúa María de Ferrol, non estea aberta ao público e siga a ser propiedade privada.

En Madrid temos o mausoleo do Val dos Caídos, en Galicia temos a cruz franquista de Vigo e hai outros moitos símbolos vixentes. Cre que aínda falta vontade política para facer cumprir coa retirada deste tipo de iconas?
Estase perdendo a oportunidade de empregar eses símbolos como ferramenta de educación cívica, porque se retiralos causa hostilidade en certos sectores a solución sería utilizalos como ferramentas educativas. Iso serviría para explicar os crimes dos que teñen rúas nomeadas por eles. Poderíase explicar que o Val dos Caídos foi construído por escravos republicanos. Tamén lembro a estatua de Franco á entrada de Ferrol. Sería absurdo destruír estes símbolos porque sería absurdo pensar que Franco non foi unha achega importante á historia de España. A min gustaríame ver eses elementos nos museos. E como non se pode levar o Val dos Caídos a un museo, estaría ben que o propio Val dos Caídos fose un museo ao que se levasen os símbolos franquistas.

Dixo que escribir este libro lle supuxo un gran desgaste emocional. Ao parecer a súa muller Gabrielle atopouno chorando en ocasións. Foi duro escribir este libro?
Foi durísimo. Sempre intento empatizar coas persoas sobre as que escribo. No meu libro do Rei sentín moita empatía cara ao monarca, por como lle roubaron a súa infancia. E ao longo deste inmenso catálogo de horror e morte que foi a Guerra Civil, para facelo máis ameno, salpico o libro con casos reais. No caso da Coruña conto a historia da muller do gobernador civil, pero entrar en detalle nestes casos é duro. Eu son incapaz de non ver os meus sentimentos e as miñas emocións implicados, e tamén foi durísimo en termos de cantidade de traballo porque estiven preparándoo durante dez anos, día e noite e nas fins de semana. Este libro afectoume á saúde, supoño que é o que lle pasa aos historiadores do holocausto xudeu.

Daniel Prieto (Xornal de Galicia) http://www.xornal.com/artigo/2011/05/20/suplementos/contexto/paul-preston-galicia-era-zona-dominio-da-dereita-represion-foi-realmente-gratuita/2011052023115000200.html
 

mércores, 11 de maio de 2011

Acto en desagravio da Cruz do Castro

Estimad@s compañeir@s:

Esquerda Unida realizará un acto en desagravio da cruz do Castro, para certificar coma primeira obra o derribo da mesma. Vos invitamos a participar e convocar a vosa afiliación.

MÉRCORES 11
ÁS 18:00
DIANTE DA CRUZ DO CASTRO



Un saúdo
Adrián
Secretaría de Organización
Executiva Local de Esquerda Unida
--
ESQUERDA UNIDA
Agrupación Local de Vigo

A “digna rabia” das mulleres do 36

Un documental analiza a “triloxía nazi” que o franquismo aplicou ao feminino.

O encarceramento en 1936 no municipio lucense da Cañiza de María Purificación Gómez, a primeira alcaldesa da historia de Galicia, abre o documental Digna Rabia, da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Universidade de Vigo, que narra os efectos do franquismo nas mulleres galegas. Tras a política igualitaria republicana, os golpistas impuxeron unha lexislación que “excluía as mulleres da vida pública e da actividade laboral asalariada”, explica a historiadora María Victoria Martins. Para iso, o réxime adoptou “a triloxía nazi para as mulleres: nenos, fogar e igrexa, apoiándose no vello catolicismo conservador que desde séculos defendeu a insubmisión da muller, considerada como inferior”, aclara.

O ingreso en prisión da rexedora da Cañiza simboliza á perfección a negación política que o franquismo se encargou de implantar cara a condición feminina. A pena de morte “por rebelión militar” da rexedora da Cañiza foi conmutada por cadea perpetua e foi trasladada á terrible prisión para mulleres de Saturrarán, en Guipúscoa, onde permaneceu sete anos. No documental recóllense os castigos que soportaron as reclusas. Eran obrigadas a manter relacións sexuais con algunhas monxas, “arrebatábanlles aos seus fillos para entregarllos a familias falanxistas e moitos morrían de fame”, mantén a historiadora Arantza Ugarte. “Dicían que estaban nun buraco e que de aí non sairían nunca”, engade a investigadora María José Bernete. De feito, ese antigo convento situado no municipio de Mutriku, transformado por Franco en campo de concentración, acolleu unhas 2.000 mulleres entre 1937 e 1944, entre elas máis de cen galegas.

A través das declaracións de 27 mulleres profesionais en diversos ámbitos, Digna Rabia repasa as dificultades das mulleres ante a represión ideolóxica, primeiro para sobrevivir e, despois, para conseguir un posto de twraballo. Un dos métodos habituais dos represores era rapar a cabeza das mulleres. “Os falanxistas quitábanlle os panos que se puñan na cabeza”, lembra Chiña González, filla dun edil socialista de Ponteareas asasinado no 36.
“O sistema era absolutamente patriarcal, as mulleres non pintaban nada e estaban recluídas no mundo doméstico”, explica a escritora María Xosé Queizán. A partir dos anos 40 o réxime imporá “un novo modelo de muller”, asevera a historiadora Rosa García Orellán. “A muller é ama de casa e o home é home na medida en que é capaz de que a súa esposa non traballe fóra”, argumenta. Así é como o franquismo conseguiu a submisión feminina e a renuncia da muller á súa sexualidade, xa que “o seu obxectivo era a procreación”, indica a histórica feminista Nanina Santos.
“As mulleres competían entre elas por ver cal tiña as sabas máis brancas”, ilustra a antropóloga Rosa García. Toda a carga ideolóxica da Sección Feminina vai recaendo nas nenas da posguerra, que teñen unha escasa formación que non lles permite optar a un posto remunerado. Moitas mulleres exerceron como costureiras, leiteiras, mariscadoras, canteiras, limpadoras ou “servían na casa dalgún rico” por soldos ínfimos e recorrían ao estraperlo ao tempo que se facían cargo do fogar e dos fillos. Ademais, tiñan que facer o seu “deber nacional” durante seis meses no Servicio Social de la Mujer para poder acceder a moitos traballos, como para entrar en Telefónica. Para máis inri, debían de “ter o permiso do home”, revela a ex conselleira do PP Manuela López Besteiro.

Falanxe encargouse de inculcar que o traballo das mulleres eran “os seus labores”, á vez que “culpou” ás asalariadas “por abandonar as súas obrigas familiares”. Así, “a lexislación acurtou os seus dereitos limitando o seu acceso ao mundo laboral”. As repercusións dese proceso non remataron na posguerra. De feito o documental recolle o testemuño de varias das mulleres despedidas da fábrica de Odosa en 1989. O conflito na conserveira situada no concello pontevedrés da Illa puxo de manifesto as precarias condicións de traballo daquelas operarias e a discriminación á que foron sometidas.

O documental tamén aborda a chegada das primeiras feministas que se opuxeron ao franquismo removendo as conciencias nas organizacións de esquerda. Tras ser proxectado en Pontevedra, Vigo e Ourense, Digna Rabia –dirixido por María Victoria Martins e Ángel Rodríguez Gallardo–, presentarase o próximo día 11 ás 20 horas no Espazo de Intervención Cultural A Normal da Universidade da Coruña.

                                                 Daniel Prieto   www.xornal.com  10/05/2011

xoves, 5 de maio de 2011

Comunicado de la Federación Estatal de Foros por la Memoria Federación Estatal de Foros por la Memoria

El próximo fin de semana vamos a realizar una nueva ronda de concentraciones exigiendo Verdad, Justicia y Reparación para las víctimas del franquismo



El próximo fin de semana del 7 y 8 de mayo asociaciones que formamos parte de la Federación Estatal de Foros por la Memoria vamos a realizar una nueva ronda de concentraciones (la décima) exigiendo Verdad, Justicia y Reparación para las víctimas del franquismo.
Al coincidir estos actos con la campaña para las elecciones municipales y autonómicas del próximo 22 de mayo, instamos a las fuerzas políticas a analizar la actual situación de la recuperación de la memoria histórica democrática y la indefensión judicial de las víctimas del franquismo en nuestro país. Exigimos una clarificación y un compromiso público que vaya más allá del mero oportunismo coyuntural o electoralista.
Felicitamos a las (numerosas, pero minoritarias) instituciones que durante estos años han realizado avances y se han comprometido seriamente en políticas de higiene democrática, eliminando elementos de homenaje a jerarcas del régimen franquista, militares perjuros y criminales de guerra. Pero queda mucho camino por recorrer para que este país pueda homologarse a las naciones democráticas de nuestro entorno. Por ello, no podemos más que hacer una valoración global negativa de la situación actual.
La llamada Ley de la Memoria de 2007 se cuidó de establecer subterfugios para impedir la eliminación de toda la imaginería fascista, tales como el indulto por discutibles cualidades artísticas, o por presunta significación religiosa. Asimismo, la inexistencia, a fecha de hoy, de un reglamento de la Ley que establezca tipologías y plazos, permite que las políticas de memoria democrática se estén aplicando dependiendo de la discrecionalidad del gobernante y de las competencias habituales de cada institución, y no de la Ley de Memoria.
Las fuerzas políticas conservadoras se mantienen en una permanente situación de anomalía democrática, secuestrando el discurso de las víctimas y exigiendo justicia y reparación en exclusiva para un colectivo particular, mientras niegan la aplicación de los derechos humanos a las víctimas del terrorismo de estado franquista. Recurriendo permanentemente, además, a la humillación y el insulto. Un terrorismo franquista que se ejerció durante décadas contra el conjunto de la sociedad, utilizando para ello los poderes del Estado a partir del secuestro a punta de pistola y crucifijo, de la soberanía popular.
Entendemos que, para los sectores políticos herederos del franquismo sociológico, a los que se unen últimamente intelectuales “orgánicos” en defensa del modelo de impunidad y los pactos de olvido de la transición, resulta difícil asumir que su vida ha transcurrido en el “lado condenable de la historia”. Ni que se conozca que, en muchos casos, el status social y económico del que disfrutan hoy proviene del beneficio obtenido por sus antepasados colaborando con la dictadura. Defendemos que ser demócrata va mucho más lejos de autoproclamarse como tal, y que, como hicieron hace ya muchos años las derechas democráticas europeas, es indispensable asumir que ser demócrata pasa ineludiblemente por ser antifascista.
Pero la anomalía democrática en el estado español no afecta exclusivamente a los herederos directos de la dictadura, sino que podemos encontrar, por ejemplo, casos de presidentes autonómicos pertenecientes a formaciones nominalmente progresistas, que se declaran contrarios a la recuperación de la memoria histórica democrática con el argumento de que “son presidentes del futuro y no del pasado”, pero que en actos oficiales rinden homenaje como invitados de honor a individuos que en su día realizaron el juramento de lealtad personal a Adolfo Hitler.
Entendemos asimismo, que las fuerzas políticas que en su día apoyaron la llamada Ley de la Memoria están obligadas a promover políticas públicas activas de memoria, mucho más lejos de lo establecido por la misma, al menos para intentar recuperar la credibilidad perdida en la aprobación y legitimación de una Ley manifiestamente incompatible con el irrenunciable derecho a la Verdad, la Justicia y la Reparación de las víctimas del franquismo.
Por tanto, de cara a las próximas elecciones municipales y autonómicas, exigimos a las formaciones políticas democráticas, un compromiso expreso con políticas públicas de memoria en sus ámbitos respectivos:
- Eliminación inmediata y completa de la simbología de homenaje y reconocimiento a la dictadura, al golpe de estado del 18 de julio, y a la colaboración del franquismo con el régimen nacionalsocialista en la guerra mundial.
- Renuncia por parte de Ayuntamientos y Comunidades Autónomas a asumir funciones y competencias con respecto a las fosas comunes del franquismo, dado que por tratarse de crímenes contra la humanidad debe dárseles exclusivamente un tratamiento judicial.
- Desarrollo de políticas públicas activas de memoria orientadas al reconocimiento social, la explicación histórica y la socialización de los valores de los defensores de la legalidad democrática republicana y los resistentes antifranquistas.
- Establecimiento de marcos de interlocución y colaboración permanentes entre las instituciones y las asociaciones de víctimas, de derechos humanos y de recuperación de la memoria histórica democrática.
Consideramos que este compromiso no sólo debe formar parte de programas electorales; también tiene que incluirse en la negociación de pactos y programas de gobierno tras las elecciones, estableciéndose garantías de su cumplimiento íntegro en la legislatura que comienza.

Federación Estatal de Foros por la Memoria
2 de mayo de 2011

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra


A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO “ Amig@s da República” convídavos á presentación do libro:

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra
de Gonzalo Amoedo López

O acto, que contará coa participación de Celso López Pazos, pola Asemblea Republicana de Vigo, Xosé Manuel García Crego, por Edicións Xerais e o autor.
Martes, 10 de maio, ás 20:00 horas na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo.

As familias dos cen galegos que xacen no Val dos Caídos non poderán identificalos

As familias dos cen galegos que xacen no Val dos Caídos terán “practicamente imposible” identificalos. Así o anunciou onte no Congreso o vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, un anuncio que supón un duro pau para as numerosas asociacións dedicadas á recuperación da memoria histórica, que levan anos esixindo que o Goberno permita poñerlle nome e apelidos ás vítimas que acollen os muros da basílica madrileña. En Cuelgamuros atópanse máis de 33.800 falecidos na Guerra Civil de ambas as dúas faccións enfrontadas, tal e como reflicte o informe forense encargado polo Ministerio de Xustiza. O Goberno elaborou este documento despois dunha iniciativa presentada en 2009 por IU, ERC, ICV e outra de Na Bai, que reclamaban a cuantificación desas persoas e o seu posterior traslado.

Rubalcaba explicou que, en total, se realizaron 491 traslados levados a cabo entre 1959 e 1983. Do total dos cadáveres, 21.423 están identificados e 12.410 figuran nos arquivos do Patrimonio Nacional como “descoñecidas”. Francisco Franco tiña previsto que só os mortos en combate do seu bando repousaran no lugar, pero como as obras se prolongaron máis do previsto ordenou que o recinto se enchera tamén con vítimas republicanas. As familias con falecidos no conflito non deron ningún permiso para o traslado deses corpos.

“complexidade extrema”

O vicepresidente primeiro do Goberno revelou que, ante a demanda dos particulares que solicitaron a exhumación dos seus parentes, a identificación está a ser “dunha complexidade extrema”. Por elo, está previsto que o ministro da Presidencia se reúna hoxe con once representantes de familias con vítimas inhumadas na xigantesca tumba para informalos das “consecuencias” do informe forense.

Sobre o futuro do enclave, Rubalcala lembrou que a Lei de Memoria Histórica prohibe a súa utilización para enxalzar a ditadura franquista e apuntou a posibilidade de que “conserve a súa condición de lugar de memoria” dentro do “espírito de reconciliación e pluralismo” que se prevé na lexislación. Neste sentido, anunciou a creación dunha comisión de expertos para “formular propostas” para o lugar, onde tamén están soterrados o propio Franco e Primo de Rivera, fundador de Falanxe.

D. Prieto - www.Xornal.com (5-mai-2011)

1931 A proclamación da Segunda República española

A historia de España recopilada en micro-videos de 1 a 5 minutos, por Manuel González, profesor de Historia no IES Concepción Arenal de Ferrol. Si se entra a través do enlace a youtube, pódese ver toda a serie.

Esta ligazón aos vídeos terémola sempre a vosa disposicion na barra lateral "PÁXINAS WEB"

luns, 2 de maio de 2011

Galicia: A República 80 anos despois


O vindeiro martes día 3 de maio ás 20:15 horas no Edificio Municipal do Areal (antigo reitorado) en Vigo, terá lugar unha Mesa Redonda baixo o titulo:


       "GALICIA: A REPÚBLICA 80 ANOS DESPOIS” 

no que participarán  Aurora Marco, Dionisio Pereira e Emilio Grandio

Organizado pola Asemblea Republicana de Vigo”Amig@s da República

martes, 26 de abril de 2011

As silenciadas


A Produtora MrMisto Films S.L. ven de realizar un documentario histórico, As silenciadas, que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

Co propósito de contribuír ao labor de recuperación da memoria histórica e da historia das mulleres, elaborouse este produto audiovisual que tenta a divulgación dalgunhas traxectorias femininas na época da posguerra en Galicia. Mulleres que, malia seren a columna vertebral da resistencia antifranquista, seguen a ser ignoradas ou esquecidas. Neste sentido, o documentario, alén de innovador, é pioneiro. 

O audiovisual, dirixido por Pablo Ces –estreado na Domus da Coruña o pasado 8 de abril– básease nas investigacións de Aurora Marco, da Universidade de Santiago de Compostela. Pode consultarse a páxina web onde figura o teaser promocional e outras informacións de interese: www.silenciadas.com

sábado, 16 de abril de 2011

O que puido ser e non foi.

Xoves 14 de abril do 2011
Hoxe conmemoramos o aniversario da II República Española. Exactamente, 80 anos. Un día coma hoxe do ano 1931, consolidouse o sistema republicano en substitución da monarquía.
Con ela, chegaron cambios, tremendamente esperados por uns, temerosamente recibidos por outros. Desde o meu punto de vista, unha época fructífera, pois os avances máis importantes tiveron lugar no sistema educativo e no agrario.
Galiza, tamén foi partícipe das modificacións, aínda que non houbo tempo de levar a cabo algún dos cambios pertinentes.
No 1932, unha asamblea rexional de municipios galegos, aproba unha proposta de Estatuto de Autonomía, que foi sometido a plebiscito 4 anos despois, no 1936. Este proxecto, foi entregado nas Cortes o 15 de xullo de 1936. Alí, é admitido a trámite no ano 1938, pero non é rexeitado nin aprobado.
Non podo deixar de preguntarme que sucedería se a República non se vise quebrada pola dictadura do señor Franco. Xa sei que falar do que puido ser é non foi, é traballar con conxeturas, mais, eu estou segura que ese oscurantismo que vivimos nas nosas Letras e na nosa sociedade en xeral; ese servilismo que se estendeu pola nosa terra;
ese atraso nas infraestructuras, na sanidade... non sería tal.
Seguriño que eu non tería que saúdar de brazos cruzados a aquela mestra que nos obrigaba a comunicarlle en forma de saúdo que eramos as súas servidoras. Nin ter que repetir todo o día que España era Unha e Grande. Ou que o excelentísimo señor... palabra que a min me costaba moito pronunciar pois só estiven con aquela muller ata os oito anos, era o benefactor das nosas vidas. Aqueles gardas civís que metían máis medo ca outra cousa, aqueles curas tan seguros de ser autoridade en todas as circunstancias, aquela Semana Santa de Telapaixón... E iso que eu apenas vivín os derradeiros coletazos, ou sexa, case nada.
Non teño nada en contra da Familia Real. Tan altos, rubios e guapos. Falan un montón de linguas e xa se xuntan con persoas de sangre vermella... Pero, as cores da bandeira republicana combínanme mellor, e o himno... esa música tan leda a que non fai falla engadirlle letras desas de "Franco, Franco, que tiene el culo blanco"...
Non sei se quero dicir máis nada, cada un que pense o que queira.

                                                                               María Alonso

mércores, 13 de abril de 2011

ARTE GALEGA NO TEMPO DA REPÚBLICA

CONFERENCIA.
 
"ARTE GALEGA NO TEMPO DA REPÚBLICA".
Por: Carlos L. Bernárdez, crítico e comisario da exposición inaugural da nova Pinacoteca.
 
DÍA:          Venres 15 de Abril.
HORA:      8 da tarde.
LUGAR:    Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, nº 2. Vigo.
 
ORGANIZA: Concellería de Patrimonio Histórico - Pinacoteca Municipal

luns, 11 de abril de 2011

Monumento con pombas pola liberdade e contra a represión.

La Voz de Galicia. Cangas.

A asociación Memoria Histórica 28 de agosto descubriu onte na praza do Concello un monumento pola liberdade e contra a represión creado por Antonio Nores, membro do colectivo, no que debaixo dunha ilustración de pombas están grabados uns versos do poeta Claudio Rodríguez Fer.
Un par de centos de persoas asistiron ao acto, que incluiu música, recitado de poemas e, como colofón, a interpretación do himno galego pola banda Bellas Artes e un coro de voces de distintas agrupacions do municipio.
Falaron dous descendentes de cangueses que foron asesinados no 1936, Bernardo Nores e Manuel Fernández, que pediron que non se volvan a repetir aqueles actos de represión

domingo, 10 de abril de 2011

Isaac Díaz Pardo: “Un dos problemas deste país é que o franquismo segue vivo”

“A situación de España foi máis difícil que a doutros países porque non se superou a etapa da ditadura”

Isaac Díaz Pardo (Compostela, 1920) viviu moito, pero é consciente de que os tempos que agora toca enfrontar non son os máis sinxelos. Na opinión do histórico galeguista, a situación de crise que se está a vivir alimenta a aparición de pensamentos reaccionarios. Dende a tranquilidade do seu domicilio en O Castro, Sada,–xusto diante das cerámicas que fundou no ano 63 e que xunto coas de Sargadelos en Lugo trataron de recuperar “unha parte máis da memoria histórica de Galicia”–, Díaz Pardo pensa que o franquismo “aínda non está superado” nin en Galicia nin en España. “Nin os gobernantes sexa a cor que sexa se atreven con este tema pola súa controversia”, comenta. No día de onte, o escritor e artista recibiu o Premio Republicano de Honra que outorga a Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. “Era o único republicano vivo que lles quedaba”, di entre risas.

Que significa para vostede que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica o galardoe co premio Republicano de Honra?
Ben, o primeiro que hai que dicir é que non son un republicano de honra, creo que son o último republicano (ri). De cando se instaurou a república xa case ninguén queda vivo porque foi hai 80 anos. Para este ano deberon poñerse a buscar persoas e déronse conta de que eu era o único que aínda estou vivo...

Que recordos ten da República?
Eu tiña 10 anos cando se instaurou a República e recordo que estaba no colexio en Santiago, na academia Xelmírez. Ao día seguinte o profesor que tiñamos, José Teijero, entrou en clase e estendeu na mesa un periódico e leunos a declaración que fixeron, e explicounos que a República non era nada malo, nin nos ía traer problemas nin perigos. A República foi unha cousa moi curta que estaba chea de grandes persoas, como o caso deste profesor.

Cre que sería posible que volvese un período republicano?
Creo que iso é algo moi difícil. Hai que pensar que as repúblicas vense como un exemplo de democracia. En Europa temos dúas repúblicas moi fortes, como son Francia e Alemaña, e por debaixo delas moitos outros grandes países son repúblicas. Non obstante, ese non é o caso de España. Case todos os outros países que pasaron por ditadura, incluído Portugal, superaron e esqueceron esa situación, pero España non. Claro, por ese motivo a situación foi moito máis difícil en España. Cando morreu Franco, foi a monarquía a que tomou as rendas. Recordo que cando morreu Franco eu estaba falando con Rafael Dieste e preguntabámonos como estariamos os republicanos cunha monarquía. Logo, ao pouco tempo veu o 23 de Febreiro, e foi o rei e a monarquía que tiñamos os que saíron. Eu xa son vello e non penso que se vaia traer outra vez a República, aínda que polo menos hai que pensar que a monarquía que aquí houbo foi constitucional. A República hai que recordala polos grandes homes que houbo nela, homes e mulleres que se viron obrigados a exiliarse. Nós sempre apostamos por unha República federal e logo co Estatuto de Autonomía non se logrou un Estado federal, pero polo menos si federable.


Falando de federalismos, cre que a actual situación de crise axuda a que afloren pensamentos máis reaccionarios aos que incluso lles gustaría eliminar o Estado das Autonomías?
Os republicanos sempre apoiamos o Estatuto, que quedou paralizado coa chegada de Franco e que logo se retomou nos oitenta, pero... O problema deste país é un que aínda está sen resolver. Hai que conseguir unha maior liberdade, pero non se logra porque os problemas non quedaron resoltos. España tiña unha razón moi grande para ser federable porque hai que darse conta de que España está rodeada de territorios con lingua propia: Galicia, País Vasco, Cataluña, incluso a zona de Aragón, Valencia... Efectivamente co tema da lingua vese moi claramente o agromar de sectores reaccionarios que queren acabar coa linguas.

A polémica polo idioma é moi forte aquí en Galicia...
O problema do idioma é que non se pode crer que é de esquerdas nin de dereitas, non se pode soster que o galego é unha mestura do castelán nin se pode deixar que os pais decidan o idioma no que queren que estuden os seus fillos. Iso non pode ser... Está claro que o galego avanzou e que non se perdeu todo pero senón se toman medidas máis eficaces para que o galego se estabilice, a lingua pode acabar por desaparecer. Por facer unha defensa forte do galego non se pode transmitir a idea de que en Galicia non se vai coñecer ou non se quere o castelán. En Cataluña defenden a súa lingua a lume e sangue pero o castelán non está a desaparecer alí, todos o coñecen.

Antes dixo que o gran problema de España é que o franquismo aínda segue vivo...
O franquismo está aínda vivo e moita culpa diso tivérona na miña opinión os norteamericanos, non digo os de agora, senón os de antes, que quixeron ter unhas bases navais en España, no sur, e que para soster iso contribuíron a manter o réxime.

Que lle parece a apertura do Pazo de Meirás ao público, unha apertura por certo bastante limitada?
Por todos os problemas herdados dos que antes falei foi moi difícil abrir o Pazo de Meirás ao público e entendo que debe ser así, porque ese pazo de quen é, é do pobo. Non obstante co tema do franquismo, os gobernantes prefiren pasar por enriba, tanto se son republicanos como se non, prefiren afastarse do tema, non se atreven a falar del porque é moi complicado.

Ben, o que si se puxo en marcha por parte do Goberno do PSOE, aínda que con grandes críticas por parte do PP e outros sectores, foi a Lei de Memoria Histórica.
A memoria histórica trouxémola nós de América. O Laboratorio de Formas non naceu só cun afán de recuperación e investigación arquitectónica, senón que tanto Seoane como eu queriamos recordar e recuperar esa memoria perdida dos exiliados. A xente daquela época que estaba exiliada como Dieste, Blanco Amor, Lorenzo Varela, todas xentes extraordinarias, pensaban que había que gardar todo ese sentimento para cando volveramos a Galicia. Logo en Sargadelos, co Museo Carlos Maside e con Edicións do Castro fíxose un extenso traballo de recuperación e de reivindicación cultural, precisamente da memoria histórica.

Pola fiestra do seu estudo vense as cerámicas de Sargadelos no Castro, en Sada, que vostede fundou e do que agora está apartado. Como se sente vendo iso todos os días?
Ben, agora ese tema está no Tribunal Supremo pero se digo a verdade... que sabemos como vai acabar isto...O certo é que acabaron coa idea e os principios de Sargadelos que eran de recuperación cultural, machacaron Edicións do Castro e o IGI (o Instituto Galego de Información).

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/09/galicia/problemas-deste-pais-franquismo-segue-vivo/2011040923291500106.html

venres, 8 de abril de 2011

BORBONS versus REPÚBLICA


CONFERENCIA
 
Martes 12 de abril
20.15 horas
Edificio Municipal do Areal (Antigo Reitorado)
 
A Asemblea Republicana de Vigo (Amigos/as da República) organiza unha conferencia baixo o titulo "BORBONS versus  REPÚBLICA"  impartida por  Jose Antonio Barroso, alcalde de Puerto Real (Cádiz)  e que fora denunciado polo xuíz Grande-Marlaska diante da Audiencia Nacional por inxurias ao Rei
 
 

luns, 4 de abril de 2011

Presentación do Libro:"LA BAÑEZA 1936. LA VORÁGINE DE JULIO. Golpe y represión en la comarca bañezana"

Presentación en Vigo, el día 7 de abril, del primer volumen ("Algunas consideraciones previas") de mi obra "LA BAÑEZA 1936. LA VORÁGINE DE JULIO. Golpe y represión en la comarca bañezana", de la que alguna autorizada voz ha dicho que es: "el libro imprescindible para entender la Guerra Civil en las comarcas bañezanas"

El libro, publicado por la editorial leonesa Ediciones del Lobo Sapiens, y salido de imprenta el día 15 de abril del pasado año 2010, será presentado:
.
El jueves, día 7 de abril, a las 19:45 horas, en la Casa del Libro (R/ Velázquez Moreno, 17), de Vigo.

La presentación del libro se inscribe y se contempla como un Acto de Afirmación Republicana, en una fecha tan cercana a la del 14 de abril, en la que este año se cumple el 80º aniversario de proclamación de la Segunda República Española.

Patrocinan y organizan la presentación la Casa del Libro, la Asemblea Republicana de Vigo, y la Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, y en ella nos acompañarán, Celso López Pazos, Presidente de la Asemblea Republicana de Vigo, y Telmo Comesaña Pampillón, Presidente de la Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. (Con la colaboración de la Casa del Libro y de la Fundación 10 de Marzo, del Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia).

La presentación se acompaña de la proyección de un montaje audiovisual y de firma de ejemplares.

Sobre el libro, en tamaño 17 x 24 cm, de 613 páginas, y que incluye más de 135 ilustraciones, algunos gráficos, 1200 notas a pie de página, y 11 variados documentos anexos, además de diversos índices (de contenidos, onomástico, toponímico referido a la provincia de León, y de procedencia de las ilustraciones) hay una extensa información en la web (www.jiminiegos36.com), en el enlace http://www.jiminiegos36.com/la_baneza_1936.htm

Enlaces a noticias de prensa sobre el libro:

En PÚBLICO
http://www.publico.es/espana/344815/en-leon-debajo-de-cada-arbusto-hay-una-fosa
http://www.publico.es/espana/343330/no-puede-haber-verdadera-democracia-con-muertos-en-cunetas
http://www.publico.es/especiales/memoriapublica/355401/me-autoedite-para-tener-mas-autonomia

En LA OPINIÓN de A Coruña:
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2010/11/24/jose-cabanas-jueces-eluden-investigar-franquismo-incurren-prevaricacion/441954.html

José Cabañas González.

MONUMENTO MEMORIAL DE LIBERDADE

A ASOCIACION MEMORIA HISTÓRICA “28 DE AGOSTO” – CANGAS

Convida a Vde ao acto de inauguración do

“MONUMENTO MEMORIAL DE LIBERDADE”

a celebrar o sábado 9 de abril de 2011

ás 18 horas na Praza do Concello de Cangas

venres, 25 de marzo de 2011

venres, 18 de marzo de 2011

Subvención destinadas a actividades relacionadas coas vítimas da guerra civil e do franquismo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 58  Miércoles 9 de marzo de 2011  Sec. III.   Pág. 26910

III.  OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA
4380 Orden  PRE/480/2011,  de  2  de marzo,  por  la  que  se  establecen  las  bases
reguladoras  para  la  concesión  de  subvenciones  destinadas  a  actividades
relacionadas con las víctimas de la guerra civil y del franquismo.

Dous novos traballos editoriais

Para coñecer mellor o franquismo en Galiza, dous libros aprofundan no estudo do franquismo en Galiza:
'A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra', de Gonzalo Amoedo, editado por Xerais, e
'Historia dun ermo asociativo', de Daniel Lanero (publicado por TresCtres).
Mercado de abastos no tempo de Franco Mercado de abastos no tempo de Franco
Dous libros con distinta orixe chegan ás librarías cun fin compartido. Solventar aos poucos un déficit que sofren os estudos sobre a nosa historia máis recente desde a ausencia clamorosa de investigacións sobre as estruturas sociais e políticas que foron quen de manter o poder franquista en Galiza. Se ben era preciso, aínda que tamén se abordou con adiamento, coñecer o escenario represivo e as loitas de resistencia, por razóns de necesidade e xustiza, que se abriron tras o 1936 e a posguerra, era sorprendente que a análise do poder franquista nas nosas vilas, cidades e aldeas, tan todopoderoso e intenso, non merecese da atención dos investigadores. Desde a historia local realizáronse enormes avances e algún deles, como o achegado por Félix García Yáñez sobre as terras do Barco de Valdeorras, mesmo pode considerarse como modélico. Mais tamén desde as universidades galegas abríronse liñas investigadoras que comezan a producir froitos sinalados desde traballos que desentrañan claves da malla de poder instalada polo réxime do xeneral Franco en Galiza tras o golpe de estado contra a legalidade republicana.
Acreditado coñecedor da represión na provincia de Pontevedra, Gonzalo Amoedo López avanza se cabe máis na súa caracterización e protagonistas senlleiros logo de publicar unha documentada obra que suma outra considerábel cantidade de datos sobre o poder provincial franquista. A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra (Xerais) é a aproximación máis ampla que hoxe se pode reunir sobre os apoios políticos que entre a poboación civil acadaron os militares españois que se alzaron en xullo do 36. Un achegamento á consolidación do pensamento fascista por medio da Falange e a decidida aposta pola represión deste partido xunto ás forzas militares alzadas e posteriormente asentadas. Tamén a clara implicación da xerarquía católica co proceso represivo e a demostrada relación de homes, tristemente famosos, como Víctor Lis Quibén con toda unha serie de asasinatos programados a fin de exterminar os grupos sindicais, de esquerda e galeguistas. Amoedo, como é habitual nos seus estudos, aposta por visibilizar os nomes e os apelidos dos represores, dos militares que presidiron e participaron nos consellos de guerra e de toda a nómina de persoas que engrosaron as hostes da Falange e o Movimiento Nacional. O papel da Falange na primeira posguerra e logo do proceso de estabilización, tamén é ofrecido nunha obra que mesmo achega un percorrido pola actitude dos falangistas e dereitistas logo da morte do ditador e a apertura do proceso de democratización en Concellos e deputacións.
Outra entrega, de compacta estrutura académica, aparece ofrecida por Daniel Lanero Táboas e a súa Historia dun ermo asociativo (TresCtres). Un amplo tomo que lle dá á nosa historiografía o que de xeito preciso se escolle como subtítulo do libro. Un estudo polo miúdo dos labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galiza baixo o franquismo. Aínda que centrado no territorio galego, o tecido da obra agacha en clave contextual un solvente estudo do papel que o franquismo, desde diversas e variadas políticas e estruturas, en todo o territorio do Estado español. Un contexto que lle serve a Lanero para concretar ou procurar as particularidades de Galiza malia o escaso dinamismo das normas e lexislacións do sindicalismo vertical franquista. O primeiro papel do líder falangista Gerardo Salvador Merino, con presenza activa en Galiza no 36 e que tivo unha vida certamente novelesca, o tímido comezo do asociacionismo franquista no campo sobre as ruínas do sindicalismo agrario de esquerda e mesmo católico, ocupan as páxinas máis relevantes dunha obra que aborda todos os intentos e inventos gremiais dos xerarcas  da Falange e o Movimiento a fin de aplicar, con enormes fracasos, tanto unha política de control social como, máis desde a retórica, procesos que eles entendían como de modernización. O papel das Hermandades de labradores y ganaderos, o cooperativismo e as cámaras sindicais agrarias circulan polas décadas do franquismo en Galiza cun claro papel vertebrador do poder ditatorial e, ao entender de Lanero, incapaces de lle ofrecer ao campo galego políticas positivas que mellorasen, malia intentos máis piadosos que reais, a calidade de vida dos labregos e labregas. Con Historia dun ermo asociativo dáse un importante paso adiante na análise dun amplo sector da sociedade galega que foi colaboracionista activo cos militares alzados en armas en 1936 e que se configurou como parte daquela tupida estrutura de poderes coa que se mantivo en pé o franquismo en Galiza. / (XEA)

(http://www.anosaterra.org/nova/51286/para-conecer-mellor-o-franquismo-en-galiza.html)



venres, 11 de marzo de 2011

Documento no que fundamenta xurídicamente a petición para que o Concello "proceda de maneira inmediata á retirada da “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo,


A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007) presentou no Rexistro do Concello de Vigo, o xoves día 10  o documento no que  fundamenta xurídicamente a súa petición para que o Concello "proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo".
Consideramos que a situación actual non é  propia dunha democracia.
A Asociación leva pedindo ser recibida polo Excmo. Alcalde da nosa cidade - o alcalde debe ser o alcalde de todos-  máis de dous anos. Sen resposta ata o de agora.
 
 
A Directiva.



 

AO SR. ALCALDE DE VIGO.                   



TELMO COMESAÑA PAMPILLÓN, con D.N.I. nº …., como presidente da ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36,  VIGUESA DISTINGUIDA 2007
con CIF G-36969855 e domicilio para notificacións en ……… de Vigo (36212), perante Vde. comparezo e DIGO:

            Que por medio do presente escrito e no exercicio do dereito fundamental de petición do art. 29 da Constitución Española,  regulado na Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, formalizo a seguinte

PETICIÓN

            Que en virtude do disposto no art. 15.1 da Ley 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura (coñecida como Lei da Memoria Histórica), que obriga as administracións públicas a tomar as medidas oportunas para a retirada de obxectos ou mencións conmemorativas da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da dictadura;

            proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo.

           



A esta petición sonlle de aplicación os seguintes

            FUNDAMENTOS DE DEREITO

            I.- Lexitimación:
            A activa a ten a Asociación que represento xa que é titular do dereito fundamental de petición do art. 29 da Constitución, segundo dispón o art. 1 da L.O. 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do dereito de Petición, xa que se trata de unha persoa xurídica legalmente constituida.
            A pasiva a ostenta o Concello de Vigo por ser o ente administrativo obrigado a actuar, segundo a Lei 52/2007, da Memoria Histórica.

            II.- Competencia:
            O Concello de Vigo ten competencia para resolver a presente petición, segundo establece o art. 2 da L.O. 4/2001, por ser propietario do obxecto a retirar en cumprimento da Lei que obriga as administracións públicas a actuar ó respecto.

            III.- Obxecto:
            Constitúe o obxecto de esta petición a exixencia de que o Concello de Vigo cumpra as obrigas que se lle impoñen na Lei 52/2007, e, concretamente, que adopte as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos” sito no monte do Castro de Vigo, por constituir un elemento de exaltación colectiva da sublevación militar, da Guerra Civil e da dictadura franquista, como se acredita mediante o Dossier “A cruz dos caídos do Castro de Vigo. Testimonio da ignominia, vergoña do municipio”, elaborado pola Asociación que represento no ano 2010 e cuxa copia achego xunto co presente escrito.
            Na Lei 52/2007 non existe nengún procedemento específico para a aplicación da normativa reguladora, segundo establece o art. 3 da L.O. 4/2001.

            IV.- Procedemento:
            No prazo de dez días o Concello ten que comunicar o acuse de recibo da presente petición, segundo obriga o art. 6.2 da L.O. 4/2001.
            O Concello de Vigo está obrigado a tramitar e responder esta petición no prazo máximo de tres meses, e dado que a mesma está fundamentada no art. 15.1 da Lei 52/2007, ten obriga de atendela e adoptar as medias oportunas para a retirada definitiva do obxecto denominado “cruz dos caídos” sito no monte de Castro, segundo establece o art. 11 da L.O. 4/2001 reguladora do Dereito Fundamental de Petición.
            No caso de que ese Concello declare a inadmisión da presente petición, non responda no prazo establecido ou a resposta non atenda a petición baseada na Lei 52/2007, esta Asociación acudirá ó procedemento especial contencioso-administrativo de protección dos dereitos fundamentais.

            V.- Urxencia na tramitación.
            Tendo en conta que a primeira petición de retirada do obxecto mencionado data de 17 de abril de 2008 (rexistro de entrada nº 80047594), e foi reiterada o 6 de agosto de 2008 (rexistro de entrada nº 80098451), o 31 de maio de 2010 (rexistro de entrada nº 100076283) e o 23 de agosto de 2010 (rexistro de entrada nº 100110314), que o mantemento do obxecto mencionado constitúe un aldraxe para as víctimas da represión franquista de Vigo, que a súa retirada foi reclamada por 4.046 cidadáns e 30 asociacións e colectivos de Vigo (como se acreditou co noso escrito de 31 de maio de 2010) e que supón un flagrante incumprimento da Lei nº 52/2007 da Memoria Histórica, debe procederse a darlle tramitación urxente e preferente a esta solicitude.
           
            VI.- Solicitude de audiencia especial.
            Tendo en conta as circunstancias concorrentes, expresamente solicitamos que o Alcalde nos reciba na audiencia especial recollida no art. 11.1 da L.O. 4/2001 de Dereito de Petición, a fin de que explique as razóns da resistencia do Concello de Vigo a cumprir a Lei da Memoria Histórica e a levar a efecto a retirada do obxecto mencionado a pesares das reiteradas peticións de asociacións e cidadáns.




            SOLICITO que tendo por presentado este escrito e por formulada petición en exercicio do dereito fundamental recollido no art. 29 da Constitución, e ó amparo do disposto na Lei Orgánica 4/2001, proceda a acusar recibo da mesma, dicte resolución de admisión e resolva favorablemente sobre o peticionado, procedendo á maior brevedade a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos” sita no monte do Castro de Vigo en cumprimento do disposto no art. 15.1 da Lei 52/2007 da Memoria Histórica.

            En Vigo a 7 de marzo de 2011



            ADEMAIS DIGO que intereso se reciba a representantes de esta Asociación á audiencia especial regulada no art. 11.1 da L.O. 4/2001, a fin de que o Sr. Alcalde explique os motivos da demora e resistencia a retirar o obxecto mencionado e a cumprir a Lei 52/2007, coñecida como da Memoria Histórica.

            SOLICITO así se acorde.

Mesmo lugar e data

xoves, 3 de marzo de 2011

Carta aberta ao Alcalde de Vigo , Sr. Abel Caballero.


Sr. Caballero, é un bo costume social que, sempre que unha persoa diríxese á outra con boas maneiras, educación e respeto, a segunda conteste pola súa banda coa mesma educación. É un principio básico nunha convivencia social civilizada.

Un home con cargo público coma vostede, debería cumplir estas normas básicas e trasladar á política o que na vida civil é simplemente educación.

A Asociación Viguesa pola Memoria pola Memoria Histórica 36, dirixiuse a vostede para que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, fose retirada a cruz franquista do Castro. Dirixiuse a vostede con todos os respetos, seguindo todas as canles legais e civilizadas marcadas polo noso ordenamento xurídico.

Presentamos escritos no Rexistro do Concello, un deles avalado pola firma de máis de 4.000 cidadáns. Sabe vostede desta reclamación por nós e tamén polos medios de comunicación. Pero a día de hoxe, seguimos sen contestación despois de dous anos. Contestación que merecemos recibir, aínda que só fora por educación, de parte do noso alcalde.

Vostede ignora e menosprecia a unha Asociación recoñecida polo Concello de Vigo como “Viguesa Distinguida” no ano 2007, unha distinción máis que respetable no ámbito da nosa cidade, e que nós recibimos cunha enorme alegría. Solicitamos durante estes dous anos  manter unha reunión con vostede. Nin se dignou contestar.

Cando un Alcalde despreza desta maneira a unha asociación cidadán, como é a Asociación Viguesa pola Memoria do 36, negándolle a palabra, o que fai é negar a esencia da democracia. Sr Alcalde, Vigo non é o seu “CASAL” A vostede nomearono alcalde un grupo de concelleiros /as de dous partidos, os cidadáns non eleximos alcaldes Para estar ao servizo do pobo que os elixiu, non para que vostede intente utilizalos coma servos ao seu servizo Esa época, Sr Caballero rematou no 1978, aínda que as suas obras nos recordan de maneira alarmante a personaxes do noso pasado, e tamén a outros que, aínda que elexidos polo pobo, esquecen as leis cando así lles convén, ou simplemente por motivos arbitrarios.


Tamén é preocupante que os/as representantes elixidos polo pobo que o situaron a vostede na alcaldía son tan responsables como vostede mesmo por consentir a aldraxe que comete coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. A uns e a outros pedímoslles un comportamento democrático.

En fin: ¿cándo pensa vostede cumplir coa Lei da Memoria Histórica e retirar a cruz do Castro? ¿Cal é realmente a súa opinión? ¿Seica non lle gusta a lei? ¿Será que non se sinte obligado a respetala? ¿Cómo pode ser que non se sinta obligado a falar cos cidadáns que solicitan unha resposta por parte do seu alcalde?

Despois de tantos anos, pensamos que como cidadáns –e non súbditos- vostede ten a obriga moral e legal de darnos unha resposta.

Facemos un chamamento aos membros da Corporación para que rematen coa situación aldraxante que estamos a vivir


A directiva.

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
Viguesa Distinguida 2007

Marzo de 2011.