luns, 17 de xuño de 2013

Homenaxe a Luisa Fernandez

Mari Luz Maset encabeza a organización da homenaxe  a Luisa Fernández (alma mater dos desvaidos, das causas xustas, da Memoria Histórica, da Asamblea Republicana, do Colectivo Violeta, das Mulleres en Marcha, figura importante de Esquerda Unida e persoa amable e comprometida. Referente que nos deixou recentemente
 
CONVIDÁMOSVOS
 
e facémosvos partícipes do acto do día 19, ás 19.30 horas no auditorio do museo MARCO (Vigo)
 
Transmitímosvos isto co desexo de que tamén vós esteades connosco lembrando a Luisa

martes, 4 de xuño de 2013

Manifiesto por la verdad histórica y la libertad de expresión




Este manifiesto surge ante la imputación, provocada por una denuncia de Falange, del periodista Gerardo Rivas Rico por la publicación, el pasado 22 de marzo de 2012, de un artículo en www.elplural.com con el título “El vicepresidente de Gobierno de Madrid le pide el perejil a la hija de Franco”. En dicho texto se quejaba de la exclusión de Garzón de la judicatura y añadía:
“Cuando solamente –después vendrían las escuchas a los abogados de 'Gürtel' y los cursos de Nueva York– dos organizaciones, una, con un amplio historial de crímenes contra la humanidad y, la otra, un seudo-sindicato heredero de las esencias franquistas –Falange Española de las JONS y Manos Limpias– habían conseguido el beneplácito de la máxima instancia judicial –el Tribunal Supremo– para sentar en el banquillo al juez que intento acometer la investigación de los crímenes del franquismo”.

Por ello, los historiadores abajo firmantes quieren manifestar lo siguiente:

Se ha demostrado científica y suficientemente, a través de numerosas investigaciones  rigurosas, la implicación de Falange Española de las JONS (a partir de abril de 1937 Falange Española Tradicionalista y de las JONS) en la represión desplegada en la zona controlada por el Ejército sublevado desde el golpe de estado contra la democracia republicana hasta bien avanzada la posguerra, ya consolidada la dictadura franquista. Son los propios documentos oficiales (del Ejército, de la Guardia Civil, de la Policía y de la propia Falange) los que dejan evidencia de esa implicación. Estas tareas represivas de Falange afectaron durante años a miles de personas en todo el país. Esta es, por tanto, una verdad científica cimentada en decenas de investigaciones que no admite discusión.
Queremos mostrar nuestra más absoluta repulsa ante el hecho de que un periodista que constate una verdad histórica sea imputado por un juez que acepta la denuncia de Falange por buscar el “menoscabo del honor de Falange con vejaciones injustas, imputándole a FE-JONS, con temerario desprecio hacia la verdad, la comisión de delitos (…) para menospreciar y menoscabar públicamente la fama y el honor de dicha organización.”  Sería como si en Alemania un juez aceptara una denuncia del partido nazi contra un periodista o historiador que escribiera sobre los crímenes contra la humanidad cometidos por los miembros de su partido durante los años treinta y cuarenta. En definitiva, no se trata sólo de un ejercicio de libertad de expresión, reconocida por el art. 20 de la  Constitución, sino también del derecho a la verdad, difundida por historiadores y periodistas, y recibida por el resto de ciudadanos que tienen derecho a conocer lo sucedido en su propio país.

domingo, 26 de maio de 2013

Acto homenaxe no cemiterio de Pereiró (Vigo)



O vindeiro sábado día 1 de xuño, ás 11 horas da mañá terá lugar un acto íntimo de homenaxe aos asasinados a partir do 18 de xullo do 1936 vítimas do terror dos militares fascistas por seren fieis ao goberno constitucional republicano.
O acto terá lugar ao carón do OSARIO XERAL DO CEMITERIO DE PEREIRÓ.

Pregase a máxima difusión  pola dificultade de comunicarnos coas familias.
O acto é aberto e poden participar todas as persoas que sintan aquel drama colectivo

Solicitude de xuntanza coa delegada da Xunta en Vigo


martes, 16 de abril de 2013

Fotos manifestacion 14 abril en Vigo

Na sección de fotos da páxina web da Asemblea Republicana de Vigo subíronse algunhas da manifestación do pasado 14 de abril. Se alguén ten fotos e quere subilas, non ten máis que mandalas nun correo ao enderezo da Asemblea. Moitas grazas.

http://asemblearepublicana.org/fotos/2013/14%20de%20Abril/

venres, 5 de abril de 2013

Carta ao bispo da diócesis de Tui-Vigo



Sr. D. Luis Quinteiro Fiuza                                                   Bispo da diócesis de Tui-vigo
                                                                                        Vigo, 27 de febreiro do 2013



Telmo Comesaña Pampillón, como presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007), diríxome a Vd, co respeto que o seu maxisterio  merece para esporlle o seguinte:

ASUNTO:

“CRUZ DO CASTRO”

É de dominio público a tarefa desta Asociación  para erradicar os símbolos franquistas, en cumprimento da Lei 52/2007. Entendemos e así o entenden os historiadores que a devandita cruz non é un símbolo Cristián  por ser levantada en homenaxe “por los caídos por Dios y por España y de la División Azul”, inspirada pola Falange española y de las JONS e inaugurada polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961.

Arestora temos un contencioso – Administrativo co Concello de Vigo que da como resposta, que una vez  foi desposeida dos atributos fascistas da que estaba adornada pasou a ser una cruz Cristián.

Nada temos en contra  das cruces nin de ningún outro símbolo católico, atópese onde se atope. Pero consideramos que non é un símbolo de concordia, e como exemplo o manifestado  por una señora, de idade avanzada, diante dunha cámara de televisión: “soy católica practicante y cuando paso por aquí esta cruz me hiere porque en ella no encuentro a Dios, sólo recuerdo a un asesino que ensangrentó esta tierra impunemente”. 

Remitímoslle o informe pericial que o historiador entregou no xulgado, encol da devandita cruz, e porén pregámoslle, si ten a ben, a súa opinión encol do ASUNTO en cuestión.

Attme.     
                                                                                       
                                                                                        Fdo.: Telmo Comesaña Pampillón

xoves, 14 de marzo de 2013

Carta a Asociación VIGUESES DISTINGUIDOS



Sr D. Luis Espada                                                                                
Presidente da fundación “VIGUESES DISTINGUIDOS”

ESTIMADO LUIS
Recibimos a carta en demanda da cota anual de 25€ debido a falta de recursos alleos a Fundación . É de lamentar a baixa dos organismos que deberan apoiala, mais, coidamos e entendemos que é importante que o Concello non aporte recursos economicos porque somente da independencia se pode facer un VIGUISMO INTEGRADOR,tal como é o espirito da FUNDACIÓN.

A Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36 cumple o cometido de integrar ás familias que ainda hoxe siguen achegándose a nos para saber onde están soterrados os seus familiares, ou si sabemos o porqué os xusgaron militarmente, ou si podemos orientalos para buscar documentos que verifiquen os encausamentos, ou cando nos chaman do Concello - con una falta de pudor que asombra, - para que atendamos a persoas de diferentes lugares da xeografía española, e así o facemos porque axudar aos desprezados polas institucións é a nosa tarefa. Facemolo porque o sentimos, sentimolo porque tamén nos o sufrimos .

Outra tarefa que temos encomendada nos ESTATUTOS é o de señalar os LUGARES DE MEMORIA para que non desaparezan, e tantas familias ,arredor de mil en Vigo, saiban onde morreu o seu pai, avó, tío, curmán , etc e onde foi xusgado. Queremos saber. Temos dereito a saber, e a homenaxealos, e a demostrar que de acordó doa carta de dereitos humanos de NN.UU foron vítimas de crimes contra a humanidade.

E cando tiñamos dereito a ser apoiados polas autoridades de calquera entidade pública, soio temos atrancos e desprezo, sobor de todo do equipo de gobernó da cidade que nin contesta ás nosas peticiós de entrevista da forma máis antidemocrática que se pode sofrir, o “DESPREZO”.

E porén facemos un chamamento a diretiva da Fundación de Vigueses Fistnguidos para que teña en conta o problema que ten un membro da Fundación  e, para mellor coñecemento solicitamoslles  participar nunha reunión da diretiva que Vd preside.

O viguismo integrador é a nosa tarefa
Atentamente,   Telmo Comesaña Pampillón  (Presidente)   Vigo 08/02/2012

Adhesión ao manifesto pola República 2013


Porque é hora xa de acabar cunha forma de gobernar obsoleta, inxusta, anti-económica e con moitas carencias democráticas que é a monarquía. A República xurde como a alternativa máis racional como forma de organización do estado..
Manifesto Día da República 2013

FRONTE A UNHA MONARQUÍA CADUCA, CONSTRUAMOS UN FUTURO REPUBLICANO.


Celebramos este ano o Día da República cando a monarquía está máis desprestixiada que nunca e diminúe o seu apoio popular, como indican todas as sondaxes de opinión. A solución ante esta grave situación non é abdicación do rei no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e avanzar na conquista da República.

Temos unha monarquía debedora de moitas pexas herdadas da ditadura franquista. Un xefe do Estado, o rei Juan Carlos, imposto polo ditador Franco en 1969 (como persoa “llamada en su día a sucederme a título de Rey”), que foi proclamado rei polas Cortes franquistas en 1975.

Cada vez é máis evidente que a chamada Transición non foi idílica, nin foi pacífica, nin estivo exenta de chantaxes e coaccións. As novas xeracións semellan non estar dispostas a apandar coas estreitas marxes de manobra que se pactaron no seu día a cambio de que os poderes fácticos permitiran certas liberdades á poboación. Sacrificouse a memoria das vítimas da represión fascista e decretouse o seu silenciamento, prohibindo a súa investigación, negándose á reparación e, sobre todo, a anulación das sentenzas que os condenaron en moitos casos á morte polo delito de ter unha ideoloxía diferente á fascista. Ao mesmo temo, amnistiouse aos verdugos.

O rei Juan Carlos desaparecía clandestinamente, en plena crise económica, abandonando as súas responsabilidades institucionais, para cazar elefantes en Botsuana. Sucedía todo isto nunha semana especialmente dura para a cidadanía co anuncio polo goberno do PP de novos recortes sociais en educación e sanidade.

A propaganda oficial fala, interesadamente, da neutralidade e independencia da monarquía, que nunca existiu. O rei Juan Carlos participou recentemente nun consello de ministros para apoiar as políticas económicas neoliberais e os recortes sociais do goberno de Mariano Rajoy. O rei tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”) desde o Palacio de La Zarzuela o 22 de xuño de 1977, cinco días despois das primeiras eleccións xerais despois da morte de Franco, pedindo 10 millóns de dólares para UCD. Despois do intento do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o rei recibiu aos líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria e fixo unhas declaracións de claro apoio aos golpistas: “Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas”. É público que o rei realizou xestións para o enriquecemento ilegal do seu xenro Iñaki Urdangarín.

En tempos de crise asistimos a un auténtico despilfarro e mal exemplo para a cidadanía. O rei dedícase á caza, asiste en Abu Dabi a unha carreira de coches de Fórmula 1, todo pagado con cartos públicos. Traballan para o rei 507 persoas e o parque móbil ao servizo da Casa do Rei é de 72 vehículos oficiais e 45 condutores.  O presuposto para a Familia e Casa do Rei é de case 9 millóns de euros que, segundo a Constitución, o rei “distribúe libremente”. A esta cantidade habería que sumar outros 5,9 millóns de euros que figuran na sección do Ministerio de Administracións Públicas baixo o epígrafe “Apoio á xestión administrativa da xefatura do Estado”.

É un escándalo o presuposto para garantir a seguridade da Casa Real. En 2011 a Garda Civil gastou 42,5 millóns de euros e 46 millóns a Policía Nacional. O ministerio de Defensa pagou 56 millóns de euros en seguridade, eventos onde participa o rei, desfiles e visitas; ten que facer fronte ao mantemento do Rexemento da Guarda Real cun custo anual de 80 millóns de euros; 45 millóns de euros para o Cuarto Militar e 110,8 millóns de euros para o 45 grupo de Forzas Aéreas ao servizo do monarca.

Todo o relacionado coa monarquía está rodeado dun total escurantismo. O rei queda ao marxe das políticas de transparencia e a Mesa do Congreso rexeitaba 36 preguntas  sobre a Casa do Rei. Non se coñecen, oficialmente, outros ingresos do Rei e tampouco o patrimonio da Familia Real, aínda que a revista Forbes fala de 1.790 millóns de euros.

Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega.

Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. Cómpre unha condena explícita da ditadura de Franco e a desvinculación total do sistema político que nos deamos do réxime totalitario anterior que sufrimos.

Ante unha monarquía caduca, avogamos por un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns. Estamos pola apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado. Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade.

                    Viva a República!

Podedes adherirvos a este manifesto en
http://www.change.org/es/peticiones/%C3%A1-opini%C3%B3n-p%C3%BAblica-en-xeral-a-adhesi%C3%B3n-ao-manifesto-pola-rep%C3%BAblica-2013

domingo, 3 de marzo de 2013

Os símbolos franquistas en Vigo que se perdeu Salva Ballesta

Programa de V-televisión do pasado 25 de febreiro no que
percorremos co presidente da Asocicación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 os vestixios do réxime franquista en Vigo. A lei obriga a eliminalos e, de feito, moitos deles xa non están. Aínda que outros, como a Cruz de Ou Castro, seguen en pé. A punto estivo de unirse outro "elemento" a esta lista, pero o Celta e os seus afeccionados evitárono. Salva Ballesta finalmente non aterrou en Vigo. Isto é o que se perdeu ¡Dálle ao click!

http://www.vtelevision.es/programas/vayav/2013/02/25/0031_66_168670.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

domingo, 17 de febreiro de 2013

CONFERENCIA DE JUAN CARLOS MONEDERO


ORGANIZADA POLA ASEMBLEA REPUBLICAN DE VIGO.

MARTES DÍA 19 DE FEBREIRO 
EDIFICIO MUNICIPAL DO AREAL( ANTIGO RETORADO)
20:15 HORAS

BAIXO O TITULO
“REIVENTAR Á REPUBLUICA, DESPEDIR A MONARQUÍA”
------------------------------------------------------------------------------
Juan Carlos Monedero, é doctor en Ciencias Políticas e profesor titular na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Realizou os seus estudos de posgrado na Universidade de Heidelberg (Alemania) e ten sido profesor invitado na Universidade Humboltd de Berlín, a Universidade Nacional de Medellín e a Universidade de Puebla en Mexico e nas Universidades Central e Bolivariana de Venezuela. Asesor entre 2000 e 2006 do coordinador xeral de Izquierda Unida foi tamén responsable de formación do Centro Internacional Miranda de Caracas. Na actualidade participa moi activamente no Movemento 15 M, atende o blog  wwwcomiendotierra.es, participa na tertulia política La Tuerca e no diario dixital Público. En setembro de 2010 foi ponente central na conmemoración do Día Internacional da Democracía na Asemblea Xeral das NNUU en Nova Cork. Membro da Promotora de Pensamento Critíco, dirixe o departamento de Sociedade Civil Global do Instituto Complutense de Estudios Internacionais. É autor entre outros libros de
En torno a la democracia en España. Problemas pendientes del sistema político español, Madrid, Tecnos, 1999
Cansancio del Leviatán. Problemas políticos en la mundialización, Madrid, Trotta, 2003
El gobierno de las palabras: política para tiempos de confusión, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 2009.
La rebelión de los indignados, Madrid, editorial Popular, 2011 (varios autores)
La Transición contada a nuestros padres. Nocturno de la democracia española, Madrid, Catarata, 2011.