xoves, 12 de setembro de 2013

Petición ao Parlamento de Galiza: Institucionalización do 17 de Agosto como Día da Galiza Mártir

Dirigida a Pilar Rojo Noguera

 Petición creada por Fundación Alexandre Bóveda

A primeira vez que os dereitos e liberdades nacionais do pobo galego foron recoñecidas xurídica e políticamente incardináronse dentro do marco constitucional da IIa República española, coa abrumadora maioría social que permitiu plebiscitar o Estatuto de Autonomía galego o 28 de Xuño de 1936.

Poucas semanas máis tarde producíuse a sublevación violenta dun segmento das forzas armadas do Estado español, instigada e apoiada por sectores reaccionarios e organizacións políticas paramilitares de ideoloxía fascista, contra do réxime constitucional da IIa República e do seu lexítimo goberno, saído das eleccións democráticas celebradas en Febreiro do mesmo ano de 1936; gañadas polo Frente Popular.

Logo desa sublevación anticonstitucional e antidemocrática, milleiros de cidadáns e cidadás, galegos e galegas, nacionalistas ou non; mais demócratas en todo caso, e todos e todas leais e fieis ao réxime constitucional republicano, ás liberdades democráticas vixentes e máis ao Estatuto de Autonomía de Galiza xa plebiscitado, foron asasinados/as sen xuízo previo ou executados/as por sentenzas de tribunais títeres das forzas sublevadas. Outros/as, coñecidos/as popularmente como fuxidos/as, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista e foron perseguidos/as durante décadas até o seu completo exterminio. Moitos/as máis aínda padeceron o exilio e, nel, seguiron a loitar polo restablecemento das liberdades individuais e colectivas do pobo galego e pola reconstitución dun réxime democrático en Galiza e no Estado español.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura emblemática para todas as persoas que seguiron a loitar por esa causa no exilio até a súa morte, inmortalizou simbolicamente no seu álbum “Galicia Mártir” a todas as vítimas da represión fascista en Galiza durante a Guerra de España. A máis representativa delas á súa vez, a quen Castelao adicou o seu testamento político, o libro “Sempre en Galiza”, e máis a quen el ergueu á categoría de símbolo de todas no seu descurso “Alba de Gloria”, foi Alexandre Bóveda Iglesias, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun proceso irrisorio e aldraxante en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936.

Na citada colección de estampas existe unha que foi enormemente difundida, coñecida e comentada, que se denomina “A derradeira lección do mestre” da que os/as coetáneos/as de Castelao, os/as seus/súas colaboradores/as, persoas que coñeceron e que mesmo estiveron ao pé del nos momentos nos que éste compuxo o álbum, afirmaban que a persoa que xace morta no chan ten a faciana e os trazos exactos de Bóveda.

Castelao fíxolle así unha primeira homenaxe a un home cristián e crente que á hora de tomar unha decisión entre as súas crenzas individuais, aplicadas miméticamente aos esquemas ideolóxicos, sociais e políticos da época, ou a lealdade ao seu país, optou por manterse fiel ao insobornábel compromiso político de liberdade da súa Patria.

Bóveda fixo da Vila de Pontevedra un escenario privilexiado para desenvolver os seus proxectos. Alí uníronse Castelao e Bóveda e xuntos participaron de andainas sociais, culturais e políticas nunha das etapas máis fecundas da historia da cidade capitalina: fixeron parte da Coral Polifónica; colaboraron no proxecto reformista de Daniel de la Sota -Presidente da Deputación de Pontevedra-, do que xurdirían empresas de longo percorrido coma o Museo de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galiza -dirixida por Cruz Gallástegui Unamuno-, as Pensións Artísticas da Deputación -que deron unha extraordinaria xeración de artistas-, mais sobre todo a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, obra persoal dun novísimo Alexandre Bóveda, que en 1930 foi nomeado primeiro Director da institución con tan só 26 anos.

Alexandre Bóveda, xunto a Lois Tobío, Carvalho Calero e Vicente Martínez-Risco, foi o vertebrador do Anteproxecto de Estatuto que elaborou o Seminario de Estudos Galegos; defendéndoo na decisiva Asemblea de Concellos celebrada en Compostela do 17 ao 19 de Decembro de 1932, e asumindo a responsabilidade e a tarefa histórica de impulsar o laborioso proceso de aprobación do propio texto estatutario, culminado finalmente co apoio cidadán maioritario no referendo do 28 de Xuño de 1936.

Logo do levantamento militar fascista de Xullo de 1936, Bóveda foi xulgado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra e, acusado de traizón, foi condenado a morte; cumpríndose a sentenza co seu fusilamento na mañá do 17 de Agosto de 1936 na Caeira (Poio). Esta condena a morte e o posterior asasinato de Alexandre Bóveda constitúen unha inxustiza histórica que debe ser reparada mediante a recuperación e a rehabilitación institucional da súa figura, así como a divulgación do seu inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia e do progreso de Galiza.

Nos últimos anos sucedéronse distintos acordos institucionais que tiñan como obxectivo o recoñecemento da figura humana e política de Alexandre Bóveda: a homenaxe institucional do Concello de Poio, o nomeamento por aclamación como Fillo Predilecto de Ourense, adoptado na Corporación Provincial ourensá, e máis recentemente o nomeamento de Fillo Adoptivo da Cidade de Pontevedra, xunto coa concesión da medalla de ouro de Pontevedra, polo que, con esta petición, demandamos do Parlamento de Galiza que honre a todas as persoas mártires da liberdade na Historia do pobo galego, institucionalizando como Día da Galiza Mártir o 17 de Agosto, cabodano da morte de quen Castelao converteu en símbolo de todas elas, o cidadán galego Alexandre Bóveda Iglesias, e máis a rehabilitación pública e política do propio Bóveda e de todos/as os/as mártires da liberdade que él mesmo simboliza na memoria histórica e democrática do noso pobo.

O Parlamento é a Cámara de representación de todos os galegos e galegas e, daquela, demandamos dela que recoñeza a Bóveda e a todos/as os/as mártires galegos, como unha institución que represente verdadeiramente ao noso pobo, na referencia aos valores humanos e democráticos que fican mentados.

Por todo o anterior, ao abeiro do disposto no Artigo 4.1 da Lei Orgánica 4/2001, de 12 de Novembro, reguladora do Dereito de Petición, instamos ao Parlamento de Galiza:

.- A declarar e instituir como “Día da Galiza Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional na Comunidade Autónoma de Galiza e xornada non laborábel no seu ámbito territorial, en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente, no 1o Estatuto de Autonomía de Galiza, plebiscitado o 28 de Xuño de 1936.

.- A incoar a revisión do proceso seguido e condena a morte ditada contra o dirixente do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda Iglesias, por un tribunal das forzas antodemocráticas sublevadas contra do réxime constitucional da IIa República española, e executada en Poio o día 17 de Agosto de 1936.

.- A rehabilitar, de xeito institucional, pública e políticamente a figura de Alexandre Bóveda Iglesias e, simbólicamente expresada nela, a de todos/as os/as cidadáns e cidadás mortos/as en Galiza, a partires de Xullo de 1936, en defensa da mesma causa pola que foi executado Bóveda.

.- A promover institucionalmente a celebración de actos protocolares da devandita rehabilitación pública e política para o primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore.

Pontevedra, 17 de Agosto do 2013.
Podedes asinar esta petición no seguinte enlace:

Videos do acto homenaxe en San Simón

O pasado 21 de xullo tivo lugar o acto homenaxe anual na illa de San Simón, estes son os videos que gravou o compañeiro Tomás Montero da Asociación Memoria y Justicia de Madrid

Orden de intervención:

Himno de Riego 
http://www.youtube.com/watch?v=PDaX8DGiyjE

Presentacion de Telmo Comesaña 
http://www.youtube.com/watch?v=ykr6kpw9Bhk

Intervención de Mª José Barreiro 
Intervención de David Fernández
Intervención de Enriqueta Otero 

Intervención de Jorge Gomez
http://www.youtube.com/watch?v=Q9SvTGHPupw

Intervención de Manuel Idelfonso Puente
http://www.youtube.com/watch?v=0LkYpRCa8cY
Poesia de Manuel Xío Blanco 

Interpretación de Samuel Acuña
http://www.youtube.com/watch?v=hzENcqHJdl4

Pombas e Himno Galego
http://www.youtube.com/watch?v=KmIzIj57p8U

Postado por Blogger na Estación Atlántica
http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2013/09/videos-do-acto-homenaxe-en-san-simon.html

O pleno de Vigo rexeita demoler a cruz do Castro

Socialistas e populares remítense a un acordo plenario de 1981 para manter que é un monumento a "todos os caídos"

VIGO, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

O pleno do Concello de Vigo rexeitou este luns unha moción do BNG que instaba ao goberno local, entre outras medidas, a demoler a cruz do Castro para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Así, mentres que o PP votou en contra da iniciativa, o grupo do PSOE abstívose ao non aceptar os nacionalistas que se votasen por separado as diferentes medidas propostas.

A moción, defendida por Iolanda Veloso, instaba ao goberno local a demoler esa cruz que, segundo precisou "non é un monumento relixioso, nin unha homenaxe a todos os caídos, senón un emblema fascista, inaugurado polo dictador Francisco Franco". Así mesmo, pedíase a eliminación de referencias franquistas do callejero de Vigo, e o seu sustitución por nome de "persoas republicanas loitadoras".

Na moción do BNG tamén se instaba ao Concello a colocar un panel de advertencia próximo aos restos do capitán Carreró, que indique "que foi un criminal fascista", así como a adherirse ao proceso xudicial que se desenvolve en Arxentina contra os delitos de genocidio cometidos pola ditadura franquista.

Iolanda Veloso advertiu, tanto a PSOE como a BNG, de que o acordo plenario de xuño de 1981, que aprobaba a colocación dunha placa na cruz para que se convertese nun monumento de recoñecemento "a todos os caídos", non foi máis que unha forma de "reescribir a historia". "Tirar a cruz do Castro é unha cuestión de xustiza", apuntou a portavoz nacionalista, que lamentou a existencia de "vestixios" da ditadura na cidade, cinco anos despois de que se aprobou a Lei de Memoria Histórica.
PSOE E PP

O portavoz do grupo do PSOE, Carlos López Font, defendeu que "os socialistas sempre estiveron preocupados pola memoria histórica", e repasou as actuacións do goberno local para cumprir a lei, como cambio de nomenclatura en lugares da cidade, ou retirada de símbolos de fachadas de edificios institucionais e relixiosos.

Con todo, aínda que "a lei está para cumprir", Font precisou que "a fijación pode converter en símbolo o que non o é", e aludiu ao acordo plenario de 1981. "Hoxe, a cruz do Castro é só iso, unha cruz", sentenciou.

Pola súa banda, o concelleiro Roberto Relova, en nome do PP, limitouse a precisar que o grupo popular declara un "apoio total" ao acordo de 1981, adoptado por unanimidad. Por iso, este grupo votou en contra da moción do BNG.

Ler máis: http://www.europapress.es/galicia/noticia-pleno-vigo-rechaza-demoler-cruz-castro-abstencion-psoe-negativa-pp-20130909111802.html

Acto de homenaxe en Castroverde (Lugo)


A Iniciativa Galega pola Memoria (coordenadora de grupos memorialistas da Galiza), vai celebrar un acto  de homenaxe ás vítimas do franquismo na provincia de Lugo, aínda que extensible a tódalas vítimas do franquismo en xeral, para o domingo 13 de outubro de 2013, na parroquia de Montecubeiro, a carón do monolito de homenaxe que está alí mesmo desde hai xa dez anos.

O acto comenzaría sobre as 12:30 horas, e logo de rematar haberá xantar de fraternidade para quen quixera... Un restaurante de Castroverde ofreceunos un menú sobre os 15 euros por persoa a base de callos de primeiro e cordeiro de segundo, con postre e bebidas. Tamén hai posibilidade de xantar vexetariano.

Saúde e República,

Rubén Afonso (CRMH da Coruña)

Nota: dende Vigo estamos a procura de fletar un autobús para asistir a este acto. Si estades interesados podedes poñervos en contacto con nós (Telmo Comesaña 659 041 394). O billete rondaría os 10 €.

venres, 19 de xullo de 2013

HOMENAXE AOS MARIÑOS REPUBLICANOS QUE RESISTIRON Ó LEVANTAMENTO FASCISTA DO 1936

 
ACTO ORGANIZADO POLA "INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA"  
AS PRAZAS SON LIMITADAS

COMPRE APUNTARSE CHAMANDO ÓS TELEFONOS  986241497  OU 659041394
 
AS SAIDAS E RETORNO SON DO PEIRAO DE CESANTES-REDONDELA

luns, 17 de xuño de 2013

Homenaxe a Luisa Fernandez

Mari Luz Maset encabeza a organización da homenaxe  a Luisa Fernández (alma mater dos desvaidos, das causas xustas, da Memoria Histórica, da Asamblea Republicana, do Colectivo Violeta, das Mulleres en Marcha, figura importante de Esquerda Unida e persoa amable e comprometida. Referente que nos deixou recentemente
 
CONVIDÁMOSVOS
 
e facémosvos partícipes do acto do día 19, ás 19.30 horas no auditorio do museo MARCO (Vigo)
 
Transmitímosvos isto co desexo de que tamén vós esteades connosco lembrando a Luisa

martes, 4 de xuño de 2013

Manifiesto por la verdad histórica y la libertad de expresión




Este manifiesto surge ante la imputación, provocada por una denuncia de Falange, del periodista Gerardo Rivas Rico por la publicación, el pasado 22 de marzo de 2012, de un artículo en www.elplural.com con el título “El vicepresidente de Gobierno de Madrid le pide el perejil a la hija de Franco”. En dicho texto se quejaba de la exclusión de Garzón de la judicatura y añadía:
“Cuando solamente –después vendrían las escuchas a los abogados de 'Gürtel' y los cursos de Nueva York– dos organizaciones, una, con un amplio historial de crímenes contra la humanidad y, la otra, un seudo-sindicato heredero de las esencias franquistas –Falange Española de las JONS y Manos Limpias– habían conseguido el beneplácito de la máxima instancia judicial –el Tribunal Supremo– para sentar en el banquillo al juez que intento acometer la investigación de los crímenes del franquismo”.

Por ello, los historiadores abajo firmantes quieren manifestar lo siguiente:

Se ha demostrado científica y suficientemente, a través de numerosas investigaciones  rigurosas, la implicación de Falange Española de las JONS (a partir de abril de 1937 Falange Española Tradicionalista y de las JONS) en la represión desplegada en la zona controlada por el Ejército sublevado desde el golpe de estado contra la democracia republicana hasta bien avanzada la posguerra, ya consolidada la dictadura franquista. Son los propios documentos oficiales (del Ejército, de la Guardia Civil, de la Policía y de la propia Falange) los que dejan evidencia de esa implicación. Estas tareas represivas de Falange afectaron durante años a miles de personas en todo el país. Esta es, por tanto, una verdad científica cimentada en decenas de investigaciones que no admite discusión.
Queremos mostrar nuestra más absoluta repulsa ante el hecho de que un periodista que constate una verdad histórica sea imputado por un juez que acepta la denuncia de Falange por buscar el “menoscabo del honor de Falange con vejaciones injustas, imputándole a FE-JONS, con temerario desprecio hacia la verdad, la comisión de delitos (…) para menospreciar y menoscabar públicamente la fama y el honor de dicha organización.”  Sería como si en Alemania un juez aceptara una denuncia del partido nazi contra un periodista o historiador que escribiera sobre los crímenes contra la humanidad cometidos por los miembros de su partido durante los años treinta y cuarenta. En definitiva, no se trata sólo de un ejercicio de libertad de expresión, reconocida por el art. 20 de la  Constitución, sino también del derecho a la verdad, difundida por historiadores y periodistas, y recibida por el resto de ciudadanos que tienen derecho a conocer lo sucedido en su propio país.

domingo, 26 de maio de 2013

Acto homenaxe no cemiterio de Pereiró (Vigo)



O vindeiro sábado día 1 de xuño, ás 11 horas da mañá terá lugar un acto íntimo de homenaxe aos asasinados a partir do 18 de xullo do 1936 vítimas do terror dos militares fascistas por seren fieis ao goberno constitucional republicano.
O acto terá lugar ao carón do OSARIO XERAL DO CEMITERIO DE PEREIRÓ.

Pregase a máxima difusión  pola dificultade de comunicarnos coas familias.
O acto é aberto e poden participar todas as persoas que sintan aquel drama colectivo

Solicitude de xuntanza coa delegada da Xunta en Vigo


martes, 16 de abril de 2013

Fotos manifestacion 14 abril en Vigo

Na sección de fotos da páxina web da Asemblea Republicana de Vigo subíronse algunhas da manifestación do pasado 14 de abril. Se alguén ten fotos e quere subilas, non ten máis que mandalas nun correo ao enderezo da Asemblea. Moitas grazas.

http://asemblearepublicana.org/fotos/2013/14%20de%20Abril/

venres, 5 de abril de 2013

Carta ao bispo da diócesis de Tui-Vigo



Sr. D. Luis Quinteiro Fiuza                                                   Bispo da diócesis de Tui-vigo
                                                                                        Vigo, 27 de febreiro do 2013



Telmo Comesaña Pampillón, como presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007), diríxome a Vd, co respeto que o seu maxisterio  merece para esporlle o seguinte:

ASUNTO:

“CRUZ DO CASTRO”

É de dominio público a tarefa desta Asociación  para erradicar os símbolos franquistas, en cumprimento da Lei 52/2007. Entendemos e así o entenden os historiadores que a devandita cruz non é un símbolo Cristián  por ser levantada en homenaxe “por los caídos por Dios y por España y de la División Azul”, inspirada pola Falange española y de las JONS e inaugurada polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961.

Arestora temos un contencioso – Administrativo co Concello de Vigo que da como resposta, que una vez  foi desposeida dos atributos fascistas da que estaba adornada pasou a ser una cruz Cristián.

Nada temos en contra  das cruces nin de ningún outro símbolo católico, atópese onde se atope. Pero consideramos que non é un símbolo de concordia, e como exemplo o manifestado  por una señora, de idade avanzada, diante dunha cámara de televisión: “soy católica practicante y cuando paso por aquí esta cruz me hiere porque en ella no encuentro a Dios, sólo recuerdo a un asesino que ensangrentó esta tierra impunemente”. 

Remitímoslle o informe pericial que o historiador entregou no xulgado, encol da devandita cruz, e porén pregámoslle, si ten a ben, a súa opinión encol do ASUNTO en cuestión.

Attme.     
                                                                                       
                                                                                        Fdo.: Telmo Comesaña Pampillón